lunes, 11 de mayo de 2020

Vivimos en Europa, que sorte temos!


Ola rapaces! Empezamos semana e volvemos ao choio. Como xa sabedes polo blogue da profe María, o sábado pasado, é dicir, antonte, celebrouse o "Día de Europa". Nós no cole xa coñecemos o que é Europa, un dos 6 continentes do planeta Terra: Europa, Asia, América, África, Oceanía e Antártida. 

Para lembrar os 5 continentes habitados polo home póñovos esta canción. Non fala da Antártida (Polo Sur) porque alí non viven persoas, aínda que si que viven animais, e senón acordarvos dos pingüíns que só os atopamos alí.


Durante este curso, e antes de que nos quedásemos na casa polo coronavirus, coñeceramos tamén algún dos animais máis importantes que viven nestes continentes, aínda que nos faltaron algúns do que viven en África e en Asia. En Europa coñeceramos os animais que viven no Polo Norte (acordarvos que alí viven Papá Noel, os seus axudantes os elfos e os seus renos), os animais que viven nas montañas, os bosques, os seus ríos e lagos...

Nós sabemos moito do continente europeo, que é onde está o noso país, España, e dentro de España a nosa comunidade, Galicia.


E explicaramos tamén que tiñamos moita sorte de pertencer a Europa, porque en Europa gozamos dun modo de vida que nos parece normal porque sempre a coñecemos así, pero que outras persoas e outros nenos non o teñen noutros lugares do mundo. Pensamos que é normal vivir en paz, tranquilos, ter uns papás con traballo e que nos proporcionan unha casa bonita, que nos preparen comida rica todos os días, cómprennos roupa e xoguetes, lévennos ao médico para as revisións e se nos poñemos malos trátennos para curarnos, ir ao cole, ... Pois todo isto moitos nenos do mundo non o teñen e nós si porque temos a sorte de vivir en Europa e isto foi o que celebramos o sábado.

Todos os países teñen unha bandeira e un himno que os identifican. Na Unión Europea tamén temos unha bandeira que é un círculo de estrelas amarelas nun fondo azul escuro e un himno que é a "9ª sinfonía de Beethoven", un músico alemán do sXVIII que xa coñecedes porque seguro que a profe María púxovos algunhas das súas famosas sinfonías e nós tamén falamos del na clase.

E agora imos escoitar os himnos da Unión Europea, de España e de Galicia coas súas respectivas bandeiras para que tamén as coñezades:




Como hoxe aprendemos moito de Europa, dos himnos e bandeiras, agora todos imos facer esta ficha que só tedes que colorear segundo o modelo de cada bandeira:


E rematamos por hoxe coa "Canción da alegría":


Lembrade que hoxe luns se estivésemos no cole, teríamos clase coa profe Eva, coa profe María e coa profe Cova, así que non vos esquezades de visitar hoxe o seu blogues. Pinchade en cada foto:




Un bico e ata maña!










No hay comentarios:

Publicar un comentario