viernes, 29 de mayo de 2020

Os palleiros tamén teñen o seu día especial


Ola ruliños! Que tal o pasastes onte celebrando o "Día do xogo" e as actividades tan divertidas que vos propuxen? Seguro que non vos cansastes de realizar os diferentes xogos, niso tedes moita práctica, sodes uns campións.


Pois onte non vos comentei que tamén foi o día dos cans sen raza.



E que quere dicir esta expresión? En Galicia, como somos moi prácticos, temos un nome especial para eles, foi o día do can palleiro, seguro que a maioría das nosas mascotas pertencen a este grupo; Os palleiros son cans que non teñen unha raza definida, os seus papás serían de razas distintas, e por iso eles son tan lindos e tan listos. Non vos parece?


A maioría destes cans e cadelas non os compramos en tendas, recollémolos porque estaban abandonados ou os adoptamos nunha protectora. Son canciños moi agradecidos e cariñosos e, ademais, moi intelixentes, e nós debémonos de responsabilizar do seu coidado como eles merécense, e serán os nosos amigos máis fieis para sempre.

Uns debuxos que vos gustan a todos son "A patrulla canina" fixarvos ben nos seus compoñentes, se cadra atopades algún que é palleiro.


E despois de tanta marcha, aquí van as fichas...

para Lis, Elia, Blanca e Selene:




para Jaime, Borja e Jimena:



para Darío:



Terminamos cun conto que narra o bonito que é adoptar un cachorro abandonado.


E como hoxe xa é vernres, non vos olvidedes de visitar o blogue da profe Dolores 


Un bico bolboreta e ata o luns! Boa fin de semana!









jueves, 28 de mayo de 2020

Hoxe é un día para xogar


Ola pitufiños! Como estamos hoxe? Despois do día de onte, e hoxe promete ser outro parecido, creo que moi ben; Supoño que algunhas piscinas estarán xa preparadas e, seguramente, pasaredes as tardes bañándovos e xogando, e quizais ata convidastedes a algún primo ou amigo a unirse á festa, que ganas tiñades de volver ver aos amigos, verdade? A modiño todo volverá á normalidade, pero non temos que esquecer as normas que xa nos afixemos a cumprir, en especial a limpeza de mans e non ir tocándoo todo cando saímos á rúa.

Pois hoxe a clase vai de xogos e de festa, porque hoxe é o "Día Internacional do Dereito ao Xogo" e o "Día dos xardíns infantís".


O primeiro témolo fácil, xa o podemos facer en familia e con amigos, aínda que non vos emocionedes, xa sabedes que o grupo non pode ser moi numeroso; O segundo, o visitar e xogar nos parques infantís, aínda non podemos facelo, pero non vos preocupedes, deica pouco, e se somos responsables e cumprimos as normas, xa veredes como podemos recuperar ese costume tan bonito de xogar cos nosos amigos no parque de Sada e Betanzos, ao ditoso coronavirus témoslle "debilucho" pero aínda non nos libramos del, xa falta menos.

Hoxe toca xogar! E que mellor que empezar a clase de hoxe cantando e xogando!


Epi tamén quixo estar hoxe no noso blogue para xogar convosco!


Para poñer a traballar as nosas neuronas podedes xogar un pouquiño no ordenador ou na tablet:




O traballo de hoxe é un xogo, pero antes tedes que preparar e colorear as fichas, o dado e o taboleiro... Xa veredes que ben o pasades xogando con todos os que estean na casa convosco!


E como estes días fai tan bo tempo, podedes facer como Os Bolechas e xogar ás escondidas no xardín.


Non vos esquezades visitar o blogue do profe Ricardo que seguro que hoxe vos propón xogos moi divertidos para celebrar este día.


Un bico bolboreta e ata mañá!













miércoles, 27 de mayo de 2020

O horto dos avós


Ola ratiños (sigo inventando nomes para vós). Gustáronvos as fotos e os vídeos de "Os Maios" que vos puxen onte, verdade que estaban moi chulis? Fixástesvos que adornos lles poñían? Todo o facían con flores, froitas e verduras que podemos atopar nos xardíns e hortos que moitos temos na casa.


Do xardín xa falamos moitas veces no cole, é que nos gustan moito as flores, verdade? E aprendemos moitos nomes delas.

Hoxe ímonos a centrar no horto.


Moitos coñecedes o horto que teñen os avós e axudámoslles a plantar e máis tarde recoller os froitos, verdade? Peppa tamén planta sementes no xardín dos seus avós e despois pode comer amorodos moi ricos:



Recollemos tomates, leitugas, cenorias, pementos, cebolas, berenxenas, alcachofas, repolos, ... e como nos hortos tamén adoita haber árbores froiteiras, temos mazás, peras, ameixas, laranxas, limóns, figos, ...








Que de alimentos sans e ricos temos nos hortos e ademais vimos como se desenvolvían coa auga e o sol e crecían ata que os comiamos; e que bos estaban todos, verdade?



Pois todos estes produtos que temos nos nosos hortos son os que se poñen nas árbores de "Os Maios" para celebrar a primavera, a recollida dos froitos e, en resumo, unha vida natural e sa que nós, como estamos en Lubre, é do que gozamos todos os días e moitas veces non nos damos conta da sorte que temos e non o valoramos o suficiente. Que sorte temos de vivir onde vivimos, verdade?



Agora ides pintar e colorear o voso propio horto:


Tamén vos poño estas fichas tan chulis de froitas e verduras

para Elia, Selene, Blanca e Lis:


para Jimena, Borja e Jaime:



Para Darío:



E como xa sodes uns expertos en adiviñas, aquí tedes estas de froitas:


Terminamos cos Bolechas que tamén plantan no seu horto:


E hoxe mércores, toca clase de audición e linguaxe e clase de inglés, así que non vos esquezades de visitar os blogues das profes:

Dolores

Cova

Un bico bolboreta e ata mañá!








martes, 26 de mayo de 2020

Os Maios


Ola pitiños (xa non sei que inventarme para chamarvos).


Non se se vos destes conta que se está acabando o mes de maio, e non falamos dunha das festas máis bonitas de Galicia, "Os Maios". Que se celebra os primeiros días deste mes, pero non damos feito con tanto día especial e tanta celebración, aínda que o importante é que non nos esquecemos e como di o refrán: "Máis vale tarde que nunca".







"Os Maios" é unha festa para celebrar que terminou o inverno e espérase que mellore o tempo. Na primavera adoita chover, como nos pasou este ano, pero xa non fai tanto frío e as plantas e árbores, que ata o de agora parecía durmidos, empezan a espertarse e comezan a nacer as flores e as follas. Nos xardíns e terrazas da casa xa o observamos e tamén axudamos a poñer a punto o xardín e preparalo para pasar máis tempo nel porque os días tamén son máis longos.


En Galicia celebramos "Os Maios" realizando figuras e composicións que poden ter moitas formas. As primitivas adoitaban ter forma piramidal ou cónica, aínda que o que teñen todas en común é que van revestidas de toda clase de flores, plantas e froitos.









Nós no cole, outros anos faciamos moitos círculos de papeis de cores, despois dobrabámolos e... maxia potaxia! Aparecían as flores de papel que colocabamos con chinchetas no noso cono brilli brilli; Témolo tan abarrotado despois destes anos que o brilli brilli case non se ve porque todo está cheo de flores de cores. Póñovos algunhas fotos de como fixemos no cole as flores de papel e adornamos a nosa árbore brilli brilli dos maios, ata Monkey participou!









Algún se acordou desta festa e dos seus costumes? Aínda estamos a tempo de celebralo en casa facendo nosa propia árbore dos maios e, ademais, como ocorría cos nosos acuarios de cartón, xa falaremos outro día que tal vai, temos todo o que necesitamos na casa: cartón, cartolina, papeis de cores e pegamento ou chinchetas. Veña animarvos, que é unha actividade moi entretida, moi bonita e o resultado seguro que nos vai a alegrar esta estancia tan larga en casa e despois vai ser un adorno moi bonito para a nosa habitación. Aquí póñovos varios modelos para inspirarvos e que collades ideas:





Como "Os Maios" é unha festa popular onde participa todo o mundo, na casa pode participar toda a familia, ata os máis peques de Lubre, Carol, Carmen, Aurora, Izan, Gael e Aarón, se llo explicades ben, poden colaborar e pegar algunha flor.

Tamén vos poño unhas fichas desta festa, podedes elixir a que máis vos guste, e ademais de coloreala, podédela decorar con papeis de cores, boliñas de papel de seda ou papel prateado como o que traedes nos bocadillos, ... todo vale e seguro que a vosa árbore dos maios quedará precioso!



E acabamos cantando con Pablo Díaz unha canción da primavera:


Non vos esquezades de visitar o blogue do profe Ricardo, que hoxe martes tócanos mover o esqueleto coa súa clase de ximnasia.


Apertas e bicos bolboreta! Ata mañá!