Ola cativos! Como estamos? Un pouco cansos despois de tanto viaxe? Non importa porque cando as cousas fanse con ilusión e alegría non nos resultan pesadas e isto é o que nos pasa a nós, viaxamos, aprendemos, coñecemos mundo aínda que sexa a través da pantalla do ordenador.
Hoxe imos continuar visitando museos, pero antes temos que lembrar á civilización exipcia; No cole xa o faciamos cando estabamos a coñecer aos animais do Continente Africano, non o puidemos terminar porque nos interrompeu o pesado do coronavirus.
Empezaramos falando dos poucos pobos que podían vivir no Deserto do Sahara, como os "tuaregs" e as súas "haimas" e os poucos animais que poden sobrevivir neste hábitat: camelos, dromedarios, escorpións, algunhas clases de arañas e serpes... E é aquí, no nordés do Continente Africano, onde xurdiu a Civilización Exipcia, hai 5.000 anos, grazas ao Río Nilo.
E que relación ten a civilización exipcia cos museos que imos visitar hoxe? Os museos que imos coñecer hoxe son os que teñen o maior número de restos arqueolóxicos e artísticos desta civilización, ademais de moitas outras obras de arte de diferentes épocas e culturas, e son por esta orde: O Museo Exipcio do Cairo, O Museo Exipcio de Turin e o British Museum de Londres.
Empezamos a nosa visita co Museo Exipcio do Cairo, viaxando ao Norte de África, a Exipto e a súa capital O Cairo.
Como é natural, o Museo Exipcio do Cairo contén o maior número de restos artísticos desta civilización, aínda que podería ter moitos máis se se poñeran antes as pilas e non permitisen que moitas das súas obras de arte fosen sacadas do seu territorio por outros países.
Imos imaxinarnos como foron o interior dos templos exipcios:
E para terminar, imos ver os fabulosos tesouros da tumba de Tutankamon:
Se estes foron os tesouros da tumba dun faraón menor, como Tutankamon, que só viviu 19 anos, imaxinádesvos o que deberon de ser os tesouros dun dos grandes faraóns de Exipto, Ramsés II, que viviu máis de 90 anos?
Agora ímonos ao Continente Europeo, ao norte de Italia, ao Museo Exipcio de Turin.
Este museo é o segundo do mundo en conservar restos da Civilización Exipcia. Unha das súas principais xoias é un dos papiros máis longos do mundo exipcio atopados.
Neste museo tamén se poden ver moitas outras marabillas do que foi a civilización exipcia:
E terminamos en Londres, no British Museum.
Este museo garda miles de obras artísticas e restos arqueolóxicos da maioría das civilizacións do mundo. Por que será?
E unha das seccións máis importantes deste museo son as salas da civilización exipcia.
E a peza máis importante destas salas é a "Pedra Rosetta".
Grazas a esta pedra de granito, de 760 kg, que reproduce o mesmo texto en tres linguas diferentes (grego, xeroglífico e demótico), o lingüísta francés Jean-François Champollion conseguiu descifrar os enigmáticos xeroglíficos exipcios.
E como estivemos moi atentos e quetiños no asento, agora toca mover o esquelete cantando e bailando esta canción:
E agora imos cos traballos...
Para Lis, Elia, Blanca e Selene:
Para Jimena, Jaime e Borja:
Para Darío:
E para os que teñades máis gañas de traballar, os poño unha ficha cunha adiviña e outra ficha para colorear e recordar algúns dos nomes dos deuses exipcios.
E terminamos rindo un pouco con Epi e Blas de aventuras por Exipto:
E nos vos esquezades de visitar o blogue da profe Cova coa que hoxe mércores teriamos clase no cole de Lubre.
Un bico e ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario