Ola neniños! Como onte falamos de Europa, hoxe imos seguir nela e imos repasar os animais que viven nos seus diferentes hábitats.
Como Europa é moi grande e ten diferentes climas; Hai países onde fai moi frío e as noites son moi longas como no norte e outros onde ocorre o contrario, fai calor e os días son máis longos. Tamén hai outras zonas de Europa onde non fai nin moito frío nin moita calor, como nos pasa aquí en Galicia que se vive moi ben. Os animais segundo a zona onde vivan son diferentes, aquí póñovos unhas fotos para que o vexades, lembralos e dicir os seus nomes e se algún non os sabedes, que vos axuden os papás.
En España temos moitos animais que viven connosco, pero hai dous que están en perigo de extinción e témolos que coidar moito, son o oso pardo e o lince. Aquí póñovos unhas ilustracións con todo o que temos que saber sobre eles:
E para seguir co tema de hoxe, vou poñer unhas fichas de animais que vos van a gustar moito:
Para terminar a clase de hoxe, imos ler un conto que trata de animais e así poñemos a traballar un pouco a memoria:
E como é martes, hoxe viría ao noso cole de Lubre o profe Ricardo, así que pasarvos polo seu blogue para ver que actividades divertidas propón:
Un bico e ata mañá!
Qué sorte teñen os nenos e nenas de Lubre! A profe Ana sabe moito de animais!!
ResponderEliminar