miércoles, 4 de septiembre de 2013




Inicio do Curso 2013-2014


O próximo mércores, día 11 de setembro, comezan as clases en horario de 9:00 a 14:00 horas.


Nota: O venres de 13 setembro teremos a reunión de pais a partir das 14:00 horas.





Os libros para este curso escolar son os seguintes:

Curso
e
etapa
Área
Materia
Ámbito
Módulo

Título, autor, editorial e ano de publicación

ISBN
Lingua
da
Edición

4º E.I.

Globalizado
Papeliños 3 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010

9788499141152

Galego

5º E.I.

Globalizado
Papeliños  4 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010

9788499141237

Galego

6º E.I.

Globalizado
Papeliños 5 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010

9788499141282

Galego
5º e 6º E.I.

Inglés
CHEEKY MONKEY 1
Pupil´s book
Editorial Macmillan

9780230011427

Inglés






domingo, 23 de junio de 2013

Actividades do Terceiro Trimestre



Algunha das actividades máis divertidas do último trimestre deste curso foi a visita do equipo de Protección Civil de Bergondo á nosa escola, na que o pasamos moi ben, aprendemos moito, ensináronnos os seus equipos e uniformes e ata fomos bombeiros por un día!!




Outra actividade moi bonita e divertida foi montar e adornar o noso propio maio con flores de papel feitas coas nosas mans... foi a mellor forma de celebrar a primavera!!

                                     





jueves, 6 de junio de 2013

Festas de Cumpreanos







Dende mediados de marzo na escola tivemos un montón de festas de cumpreanos, co que a recta final do curso se nos fixo do máis amena e divertida.

O 15 de marzo celebramos o cumpre de Navia

                                                        http://youtu.be/40m0I4SzUlc


 


Á volta das vacacións de Semana Santa, o 2 de abril, celebramos o cumpre de David; Iso si que foi unha boa e divertida volta á escola!!   ;)

                                          http://youtu.be/JEW33wwv_QE



Á semana seguinte, o 8 de abril, celebramos o cumpreanos de Celia e Claudia

                                http://youtu.be/sVa6bzpG2FY

                                    


E xa a finais de abril, o día 22, celebramos o cumpre de Noelia

                               http://youtu.be/y20EAzIvaUE

                                   



E por este curso, rematan as festas de cumpreanos en Lubre... En setembro volveremos empezar;)


jueves, 21 de marzo de 2013

FEBREIRO



En febreiro, o acontecemento máis importante que tivemos foi a festa do Antroido. Ese día disfrazámonos e comemos as larpeiradas típicas destas festas. Tamén fixemos un gran baile de disfraces no que había todo tipo de personaxes bailando e pasádoo moi ben: fadas, bruxas, princesas, monstros, superheroes, piratas, etc. Foi un día moi divertido e emocionante para todos nós!!!

  






miércoles, 20 de marzo de 2013

XANEIRO



A principios de xaneiro voltamos á escola despois das vacacións de nadal. A rutina da escola volveu a empezar e, con ela, o seguir aprendendo moito en todas as clases que temos.

O seguinte vídeo vai dedicado aos profesores das distintas especialidades que todas as semanas veñen á Escola de Lubre:

                                          http://youtu.be/2dRBmq6PnBU


A finais da primeira semana da volta ás clases, celebramos o cumpre de Ainhoa e pasámolo en grande!!!

                            http://youtu.be/kWFNBMWQTnc


A última semana deste mes estuvo dedicada á celebración do Día da Paz. Fixemos moitas actividades arredor de este tema: debuxamos pombas da paz, fixemos o mural do elefante Elmer, tivemos a visita de Cristovo e tivemos unha saída para celebrar con todas as escolas xuntas o Día da Paz

                                          http://youtu.be/7tkrYJHvLIE


sábado, 5 de enero de 2013

Noite de Reis


Hoxe é a noite máis máxica do ano. Pola tarde os Reis Magos pasearon pola cidade saudando aos nenos  cargaditos de agasallos e repartindo caramelos. De volta da cabalgata, os nenos terán que ir para a cama cedo, despois de preparar o leite e galletas para os reis e auga para os camelos, que teñen que recuperar os folgos nesta longa noite repartindo os presentes nos fogares dos nenos que foron bós durante todo o ano.
Mañá os nenos espertarán felices de ver todos os seus agasallos. Así que mañá a disfrutar moito e que teñades un feliz día de Reis!!!


http://youtu.be/07-HiTIoAgA
N