Ola ruliños! Temos outro sábado e domingo por diante con moito tempo para repasar todas as viaxes que fixemos esta semana.
Hoxe é un día especial porque mañá alguén cumpre 5 anos... Acordádesvos quen? É Jaime!
E como mañá non temos sesión, imos felicitarlle hoxe todos con moito agarimo e desexando que, cando nos podamos volver reunir, celebraremos todos xuntos os "cumples" que non puidemos celebrar no cole por culpa do ditoso coronavirus que xa nos ten moi fartos. Isto é para ti, Jaime, de parte dos teus compis e a túa profe Ana:
E seguro que o cumpre que celebre Jaime coa súa familia será parecido ao de Teo, como no conto que vos vou a poñer, aínda que este ano non poida celebralo cos seus amigos, pero como ten ao seu irmanciño Izan, que xa é algo máis maior, compartirao con el.
Para celebrar este acontecemento tan especial hoxe voamos a Nova York.
Esta gran cidade non está en Europa, está no Continente Americano, na Costa Este, e para chegar só podemos facelo de dúas formas: ou polo aire, en avión, ou pola auga, en barco, xa que entre o Continente Europeo e o Continente Americano está o Oceáno Atlántico.
Sabedes que se se puidese facer unha ponte en liña recta desde A Coruña ao outro extremo está Nova York? "Só" nos separan uns 5.000 km.
Preparados? Voamos a Nova York...
Imos coñecer algúns dos museos máis importantes de esta gran cidade.
Empezamos polo MoMA, o Museo de Arte Moderno.
Neste museo atoparemos moitas obras de arte, algunhas pódennos parecer un pouco raras e e outras quizais pensemos que as poderiamos facer nós, por iso temos que poñer a traballar a imaxinación, e pode que no futuro encontredes algunha das vosas obras de arte nun destes grandes museos. En Lubre temos moito potencial!
Agora imos visitar o Metropolitan, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York.
Aquí atoparemos, igual que noutros museos, moitas salas con restos arqueolóxicos e artísticos de diferentes civilizacións do mundo, a algunhas xa as coñecemos. Veña, a ver se as recoñecedes!
E terminamos o noso percorrido polos museos de Nova York visitando o Museo de Historia Natural.
Veredes que de sorpresas atopamos, vanvos encantar!
Que vos pareceu? A balea e os dinosauros son para que non se nos esquezan na vida, ao seu lado parecemos que somos formiguiñas!
Esta viaxe queda pendente nas axendas para cando o podamos facer cos papás.
E agora a traballar un pouco, e como non podía ser doutra maneira, hoxe as fichas son de dinosauros, vanvos gustar moito!
Para Blanca, Selene, Elia e Lis:
Para Jaime, Jimena e Borja:
Para Darío:
E hai que celebrar o "cumple" de Jaime:
Jaime, esta é especial para ti polo teu "cumple", coloreala moi ben e que Mamá cha coloque nun cadro na túa habitación:
Terminamos esta semana dos museos con Peppa Pig e a súa familia visitando un museo:
Non vos esquezades de visitar o blogue da profe Dolores, que hoxe venres tocábanos clase con ela no cole de Lubre
Boa fin de semana! Un bico bolboreta e ata o luns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario