miércoles, 27 de mayo de 2020

O horto dos avós


Ola ratiños (sigo inventando nomes para vós). Gustáronvos as fotos e os vídeos de "Os Maios" que vos puxen onte, verdade que estaban moi chulis? Fixástesvos que adornos lles poñían? Todo o facían con flores, froitas e verduras que podemos atopar nos xardíns e hortos que moitos temos na casa.


Do xardín xa falamos moitas veces no cole, é que nos gustan moito as flores, verdade? E aprendemos moitos nomes delas.

Hoxe ímonos a centrar no horto.


Moitos coñecedes o horto que teñen os avós e axudámoslles a plantar e máis tarde recoller os froitos, verdade? Peppa tamén planta sementes no xardín dos seus avós e despois pode comer amorodos moi ricos:



Recollemos tomates, leitugas, cenorias, pementos, cebolas, berenxenas, alcachofas, repolos, ... e como nos hortos tamén adoita haber árbores froiteiras, temos mazás, peras, ameixas, laranxas, limóns, figos, ...








Que de alimentos sans e ricos temos nos hortos e ademais vimos como se desenvolvían coa auga e o sol e crecían ata que os comiamos; e que bos estaban todos, verdade?



Pois todos estes produtos que temos nos nosos hortos son os que se poñen nas árbores de "Os Maios" para celebrar a primavera, a recollida dos froitos e, en resumo, unha vida natural e sa que nós, como estamos en Lubre, é do que gozamos todos os días e moitas veces non nos damos conta da sorte que temos e non o valoramos o suficiente. Que sorte temos de vivir onde vivimos, verdade?



Agora ides pintar e colorear o voso propio horto:


Tamén vos poño estas fichas tan chulis de froitas e verduras

para Elia, Selene, Blanca e Lis:


para Jimena, Borja e Jaime:



Para Darío:



E como xa sodes uns expertos en adiviñas, aquí tedes estas de froitas:


Terminamos cos Bolechas que tamén plantan no seu horto:


E hoxe mércores, toca clase de audición e linguaxe e clase de inglés, así que non vos esquezades de visitar os blogues das profes:

Dolores

Cova

Un bico bolboreta e ata mañá!








No hay comentarios:

Publicar un comentario