miércoles, 26 de diciembre de 2012

O Apalpador


O vídeo de hoxe vai dedicado a visita do Apalpador á Escola de Lubre.

Antes de que chegaran as vacacións de Nadal, viñeron a visitarnos o Apalpador coas profes Eva e Alicia.

O Apalpador ou Pandigueiro é un xigante carboeiro que baixa a noite do 31 de decembro para visitar aos nenos, tocándolles os bandullos para ver se comeron de abondo durante o ano, deixándolles unha morea de castañas e noces, regalos e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

Esta e unha paixoliña que podemos cantar a noite do 31 de decembro cando veña o Apalpador a visitarnos as nosas casa:

Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Hoy es día de Navidad,
día de Nuestro Señor
id corriendo a la camita
que va a venir el Apalpador.
·············
Hoy es día de Navidad
vete niñito a la camita,
que va a venir el Apalpador
a palparte la barriguita.
·············
Hoy es día de Navidad,
que habrá una gran nevada,
y vendrá el Apalpador
con un montón de castañas.
·············
Por aquel bosque,
que ya ven alumbrando,
el señor Apalpador
para daros el aguinaldo.

http://youtu.be/8r4pnqCX2AA

lunes, 24 de diciembre de 2012

Feliz Noiteboa!!



Hoxe comezan as celebracións do Nadal. Todos nos reuniremos coas nosas familias para xantar, cantar paixoliñas e rir todos xuntos. Esta é unha noite para compartir cos seres queridos. Pero na Escola de Lubre ó longo de todo decembro estivemos a celebrar o Nadal e con seguinte vídeo queremos desexarvos unhas moi felices festas e que de paso veades todas as cosas que fixemos.

BO NADAL!!!!

http://www.youtube.com/watch?v=xLnkrX4FT1A

viernes, 7 de diciembre de 2012

Cumple de Martina



O xoves 22 de novembro tivemos outra festa na Escola de Lubre, esta vez festexamos que Martina cumpría 3 aniños; Coma sempre o pasamos moi ben, bailamos, comimos chuches e tarta que nos trouxeron a nai e a avoa de Martina e a nai de Martina pintounos a cara cunhas pinturas especiais e estabamos moi moi guapos!!



http://youtu.be/cs3WgUy20lE

viernes, 16 de noviembre de 2012

Cumple de Fernando


O mércores da semana pasada celebramos na clase o cumple de Fernando; Comimos chuches e chocolate, o pasamos moi ben todos xuntos no seu quinto cumpreanos e ata o polbo Cristobo se nos uniu á festa xa que non quería perderse nada dela!!  ;)

Espero que os guste o vídeo... Ata a próxima  ;)
Biquiños!


http://youtu.be/3DnP3SDZx_8

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Outono, Magosto e Samain





Este outono xa fixemos moitas cousas. Fumos a casa de Diego a ver unha ovelliña que acababa de nacer, recollimos castañas no campo, comimos os frutos do outono e fixemos xoguetes e colares con eles; Visitamos o cole dos nenos maiores para ver unha obra de teatro, ir a unha festa polo Samaín e comer castañas no Magosto; E na nosa escola tamén fixemos a nosa pequena festa na que, como veredes no vídeo, bailamos moito e o pasamos en grande!! 

http://youtu.be/lbCnjgDN5zQ



lunes, 15 de octubre de 2012

Cumple Diego 3 anos




O pasado vernes, 5 de outubro, celebramos na clase o cumple de Diego, que cumplía 3 aniños, e aquí tedes un vídeo do ben que o pasamos ese día


http://youtu.be/FugT3Jlb_aE



jueves, 4 de octubre de 2012

Inicio Curso 2012-13


Xa levamos uns cantos días de clase e xa fixemos moitas cousas!!
Aquí os deixamos un vídeo para que veades tódalas actividades que fixemos nos primeiros días de clase.





http://youtu.be/B3iO6hkPeww






jueves, 13 de septiembre de 2012



Esta é a lista dos libros por curso de EI que precisamos este ano


Relación de libros de texto do curso 2012/2013
Aula de Lubre


Curso
e
etapa
Área
Materia
Ámbito
Módulo
Título, editorial e ano de publicación
ISBN
Lingua da edición
4º EI
Globalizado
Papeliños 3 anos. 1, 2, 3 trimestres. Xerais 2010
9788499141152
Galego
5º EI
Globalizado

Inglés
Papeliños 4 anos. 1, 2, 3 trimestres. Xerais 2010
PLAYSCHOOL A CLASS BOOK. Oxford
9788499141237

9780194734080
Galego

Inglés
6º EI
Globalizado

Inglés
Papeliños 5 anos. 1, 2, 3 trimestres. Xerais 2010
PLAYSCHOOL A CLASS BOOK. Oxford
9788499141282

9780194734080
Galego

Inglés


Xa estamos de volta ó cole e aquí tedes o horario de este curso



Horario xeral semanal da Escola de Lubre por especialidades
Curso 2012-2013

HORAS
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:00
EI
LI
EM
EF
EI
10:00
EI
EI/AI
EI/AI
EI/AI
EI
11:00
ALM/RECREO
ALM/RECREO
ALM/RECREO
ALM/RECREO
ALM/RECREO
12:00
EF
EI
EI
PEL-EI
EI
13:00
BIBL
REL/ALT
EI
EI
LI
16:00

TITORÍA




EI: Educación Infantil (Mestra-Titora: Ana)
EM: Educación Musical (Mestra: María)
ALM: Almorzo
REL/ALT: Relixión/Alternativa (Mestra Relixión: Marisol/Mestra Alternativa: Ana)
PEL: Plan de Estimulación da Linguaxe Oral (Mestra: Patricia)
AI: Atención Individualizada co alumnado de audición e linguaxe (Mestra: Patricia)
EF: Educación Física (Mestre: Ricardo)
LI: Ingés (Mestra: Cova)
BIBL: Biblioteca (Mestra: Isabel)


domingo, 9 de septiembre de 2012

Remate das vacacións




O verán está rematando e o mércores xa estamos de volta na clase de Lubre.
Para que vaiades entrando en ambente, os deixamos o vídeo do final do curso 2011-2012, que esperamos os guste! 

No vindeiro curso 2012-2013 haberá máis e mellor  ;)



http://youtu.be/xy1iWFs_poY




martes, 5 de junio de 2012

Primavera (2ªparte)



En Lubre seguimos a disfrutar da primavera coas excursións, actividades na escola, xogando no patio e moitas cousas máis...



http://youtu.be/4BmYnc5Eiho

lunes, 2 de abril de 2012

Feliz Pascua!!!


As vacacións de Semana Santa xa chegaron!! 
Aquí os deixamos un video con todo o que fixemos no mes de marzo preparando a pascua..
Que disfrutedes do vídeo e, sobretodo, de estas festas!! Vémonos á volta! Un bico