martes, 19 de mayo de 2020

De visita polo Prado e o Louvre



Ola peques! Onte celebrouse o "Día dos Museos" e fixemos un percorrido polos diferentes museos da Coruña; Gustáronvos? Verdade que temos museos preciosos aquí e en toda Galicia.

Hoxe imos continuar coas visitas culturais a dous dos museos máis importantes do mundo. Primeiro iremos a Madrid a coñecer o Museo do Prado.



O Museo do Prado é a pinacoteca máis importante do mundo. O ano pasado celebrouse o seu bicentenario, é dicir, cumpriu 200 anos.


Agora os Lunnis van cantar un resumo de cal foi a historia do Museo do Prado:


No Museo do Prado podemos atopar obras dos pintores máis famosos de todas as épocas.


Nos seus sotos hai moitas pinturas importantes que por falta de espazo están almacenadas alí e en calquera momento poden saír á luz obras extraordinarias como ocorreu cun retrato idéntico a "A Gioconda" que se está investigando e estudando cal é a súa orixe. Crese que foron pintados ao mesmo tempo e no mesmo Taller de Leonardo Da Vinci.


Co vídeo que vos poño a continuación e a explicación da Infanta Margarita coñeceredes o Museo do Prado de forma máis divertida:


Unha das obras máis importantes deste museo, e na que a protagonista é a Infanta Margarita, a pintura de "As Meninas", imos coñecela mellor:


E agora que sabemos tantas cousas desta pintura xenial, imos saber máis do seu autor, Diego de Silva e Velázquez:


Que vos pareceu o noso percorrido polo Museo do Prado? Verdade que vos entraron moitas ganas de viaxar a Madrid, cando se poida, e coñecelo? Apuntámolo na axenda.

E agora ímonos a París a coñecer o Museo do Louvre.



No Museo do Louvre (déstesvos conta que o seu nome parécese moito a Lubre, aínda que se escriba de diferente forma) é un dos museos máis visitados do mundo, nel atopamos obras de arte de todos os estilos e épocas: esculturas, pinturas, mobiliario, ...

Este vídeo que vos poño a continuación resúmevos a importancia deste museo:


Xa sabemos que que unha das pinturas máis importantes e a máis visitada é "A Gioconda" ou "Mona Lisa" que foi pintada por un xenio que se chamaba Leonardo Da Vinci e agora os Lunnis van contar a vida deste personaxe:


E despois de tanto viaxe, imos sentarnos na mesa para traballar un pouco. As fichas de hoxe son para todos, pero a saia da Infanta Margarita Lis, Elia, Blanca e Selene téñena que colorear cunha serie de 3 cores, os que máis vos gusten, se tedes pinturas de brilli brilli mellor, que para iso é unha Infanta, Jimena, Jaime e Borja a serie ten que ser de 4 cores e a serie de Darío ten que ser de 6 cores, para ti isto está chupado.



Se estivésemos no cole, hoxe martes viría o profe Ricardo, non vos esquezades de visitar o seu blogue: http://edufisicra.blogspot.com/

Un bico e ata mañá que continuaremos viaxando e visitando museos.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario