jueves, 21 de mayo de 2020

Visitando museos no outro extremo de Europa


Ola neniños! Hoxe temos un bo día para continuar a nosa viaxe por Europa e algún dos seus moitos museos. Os museos-palacios de hoxe van de princesas, pero Darío, Jaime e Borja, non vos preocupedes, a vós tamén vos van gustar, ademais, a maioría destes palacios-museos foron construídos por reis e príncipes, xa o veredes.

Empezamos visitando o "Museo do Hermitage" de San Petersburgo.


Estamos no norte de Europa, no antigo Imperio Ruso, na cidade de San Petersburgo. A esta cidade tamén se lle chama a "Venecia rusa" porque ten moitas rúas que son canles de auga e pontes que os atravesan. Aquí hai moitísimos museos e palacios, pero nós imos visitar un dos máis importantes, o museo-palacio do Hermitage construído polo Zar Pedro I e rematado pola Zarina Catalina "A grande" (así é como se chamaban aos reis en Rusia). Vou poñer un vídeo no que vos ides sentir coma se fósedes un membro máis da Familia Imperial Rusa.


Fixástesvos que nunha das habitacións hai un reloxo que reproduce unha gaiola cun pavo real, un galo e un bufo que ao dar as horas móvense e cantan? Mirade o vídeo que vos ides a quedar coa boca aberta:


A festa máis importante na relixión cristián ortodoxa rusa é a festa de Pascua e que o costume é regalar un ovo de Pascua ao mesmo tempo que se dan tres bicos, aínda que isto dos tres bicos non se se cambiará agora co ditoso coronavirus.... Mirade que ovos se regalaban entre os membros da Familia Imperial Rusa.


Sabedes que despois da Revolución Rusa moitos destes ovos perdéronse? Hai uns anos unha persoa con moita sorte atopou un deles nun mercadillo, aínda quedan sete por localizar, ánimo que se cadra atopamos algún no Feirón de Sada.

Agora ímonos ao extremo máis oriental de Europa, á cidade de Istambul, que tamén se coñeceu como Bizancio e Constantinopla. Esta cidade está dividida en dúas partes por unha franxa de auga chamada o "Corno de ouro" unha parte está no Continente Europeo e a outra no Continente Asiático. Aquí é onde se atopa o seguinte palacio-museo que imos visitar, Topkapi, o antigo palacio onde viviron os sultáns do Imperio Otomán (sultáns era o nome dos reis turcos).


Agora póñovos un vídeo para que coñezades o Palacio de Topkapi e algúns dos seus tesouros:


E terminamos no centro de Europa, nunha cidade que xa coñecemos, Viena, a capital de Austria, que foi o centro do antigo Imperio Austrohúngaro para coñecer o Museo Belvedere.


Imos pasear polos seus xardíns e algunha das súas salas:


Unha das coleccións de pintura máis importantes deste museo é a do artista austríaco Gustav Klimt, póñovos este vídeo para que o coñezades mellor:


Coas fichas de hoxe, que vos parece se imitamos a Klimt? Elixir a ficha que máis vos guste e se queredes podedes facelas todas. Imaxinación ao poder!




E por que nós non podemos ser uns verdadeiros artistas e crear nosa propia obra de arte? Veña, ánimo, que se cadra dentro dalgúns anos está colgada nas paredes dalgún museo...


E para terminar, imos rirnos un pouco con Epi e Blas, que tamén van de museos:


Acordarvos de entrar no blogue do profe Ricardo, que hoxe xoves tócanos clase de Educación Física.


Un bico e ata mañá!

























No hay comentarios:

Publicar un comentario