jueves, 28 de mayo de 2020

Hoxe é un día para xogar


Ola pitufiños! Como estamos hoxe? Despois do día de onte, e hoxe promete ser outro parecido, creo que moi ben; Supoño que algunhas piscinas estarán xa preparadas e, seguramente, pasaredes as tardes bañándovos e xogando, e quizais ata convidastedes a algún primo ou amigo a unirse á festa, que ganas tiñades de volver ver aos amigos, verdade? A modiño todo volverá á normalidade, pero non temos que esquecer as normas que xa nos afixemos a cumprir, en especial a limpeza de mans e non ir tocándoo todo cando saímos á rúa.

Pois hoxe a clase vai de xogos e de festa, porque hoxe é o "Día Internacional do Dereito ao Xogo" e o "Día dos xardíns infantís".


O primeiro témolo fácil, xa o podemos facer en familia e con amigos, aínda que non vos emocionedes, xa sabedes que o grupo non pode ser moi numeroso; O segundo, o visitar e xogar nos parques infantís, aínda non podemos facelo, pero non vos preocupedes, deica pouco, e se somos responsables e cumprimos as normas, xa veredes como podemos recuperar ese costume tan bonito de xogar cos nosos amigos no parque de Sada e Betanzos, ao ditoso coronavirus témoslle "debilucho" pero aínda non nos libramos del, xa falta menos.

Hoxe toca xogar! E que mellor que empezar a clase de hoxe cantando e xogando!


Epi tamén quixo estar hoxe no noso blogue para xogar convosco!


Para poñer a traballar as nosas neuronas podedes xogar un pouquiño no ordenador ou na tablet:




O traballo de hoxe é un xogo, pero antes tedes que preparar e colorear as fichas, o dado e o taboleiro... Xa veredes que ben o pasades xogando con todos os que estean na casa convosco!


E como estes días fai tan bo tempo, podedes facer como Os Bolechas e xogar ás escondidas no xardín.


Non vos esquezades visitar o blogue do profe Ricardo que seguro que hoxe vos propón xogos moi divertidos para celebrar este día.


Un bico bolboreta e ata mañá!













No hay comentarios:

Publicar un comentario