lunes, 30 de marzo de 2020

Xa está aquí a pascua, a pesar do coronavirus



Ola nenos! Empezamos nova semana e seguimos en casa. Este coronavirus é moi pesado e estanos dando a lata dabondo. Lembrar as normas que temos que cumprir, é moi importante e, especialmente, non saír de casa.
Se estivésemos no cole, esta semana xa sabedes que a iamos a dedicar á pascua. Coloreábamos coelliños, decorabamos oviños e, se facía bo, un día no patio a profe escondía ovos de chocolate, vós pasabades un bo intre buscándoos e despois comiámolos entre todos.

Este ano non estamos no cole, é verdade, pero todas estas actividades podémolas facer en casa. Que vos parece se empezamos decorando coelliños de pascua e despois colocámolos no noso mural de primavera? Teremos que colorealos, recortalos e despois pegalos no mural. Como faremos os que máis nos gusten, podemos ir numerándoos segundo vaiámolos terminando e así repasamos os números que fixemos a semana pasada coas flores. 

Aquí preséntovos algunhas fichas, elixir as que máis vos gusten:
Darío e os demais que queiran podedes poñerlle nome e escribilo sobre cada coelliño e así o mural estará máis personalizado. Darío, ti xa tes experiencia coa familia gatuna.
E falando de flores, que tal quedou o móbil da semana pasada? A mamá de Darío mandoume unha foto coa súa obra de arte terminada, quedou precioso, vou pedirlle permiso aos seus papás para poder subila ao blogue para que vexades o ben que quedou e o guapo que está Darío.
                                   
Tamén moitos sabedes que a semana que vén en moitas cidades celébrase a Semana Santa. Saían unhas carrozas moi especiais cunhas figuras e moitas flores, acompañadas dos papones que son uns personaxes que van vestidos con túnicas longas pero o que máis destaca son os gorros en forma de cornete que lles cobre a cabeza e a cara. Estes desfiles forman parte das nosas tradicións nestas datas e témolas que coñecer. Moi preto de Lubre e Sada hai unha cidade, Ferrol, que ten unha Semana Santa moi bonita e aínda que este ano non poderán desfilar, podemos ver fotos doutros anos.
E para terminar, ides ver un conto que en realidade é unha fábula, como as que estamos a ler no Libro de Lafontaine, ao final ten unha ensinanza para que aprendamos que o importante non é terminar o primeiro, senón facelo ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario