miércoles, 25 de marzo de 2020

Seguimos inventando flores con formas xeométricas




Bos días chicos! Como estades? Facedes o que vos propoño cada día? Cansados non podedes estar porque nos levantamos máis tarde e despois tedes todo o día para facer cousas. Lembrar que tedes que axudar en casa e os que teñen mascotas, agora teñen que ocuparse delas. Darío, espero que " Carabollo" continúe así e non nos quede "Cara- baguette" cando acabemos co coronavirus.

Falando do coronavirus, lembrades todo o que temos que facer para gañarlle?: Lavarnos as mans, ao toser cubrirnos a boca coa parte interior do brazo á altura do cóbado, non saír de casa (Lis, cando veña Aarón xa veremos que facemos) e comer san para estar moi fortes; Ao ditoso coronavirus estamos a darlle unha boa malleira, pero aínda non lle derrotamos. Debemos de seguir cumprindo todas as normas para, ao final, gañarlle.
Imos continuar co noso móbil de primavera, debuxaremos outras dúas flores diferentes, as colorearemos, recortaremos, pegaremos en círculos de cartolina e por detrás poñeremos o seu nome e os números 5 e 6. Darío, ti podes facelo só e os demais que os axuden os papás.
Unha vez terminada esta actividade, seguiremos co noso xardín especial de primavera. Aínda que primeiro imos reforzar o que sabemos das formas xeométricas cun vídeo e unhas fichas. Hoxe ampliamos as formas co rombo e o óvalo- elipse. Seguiremos inventando flores con todas as formas xeométricas que xa coñecemos: o cadrado, o círculo, o triángulo, o rectángulo, o rombo e o óvalo- elipse.


Lis, Elia, Branca e Selene, hoxe tócavos facer esta ficha:
Borja, Jimena e Jaime, esta é a vosa ficha para hoxe:


Darío, ti podes facer esta ficha tamén pero, ademais, escribe debaixo do debuxo o nome de cada obxecto (casa, agasallos, xeado,...). Para ti é moi fácil, non tes problema.

E esta última ficha é especial para ti, Darío, non resoples, que está chupada e o cálculo dáseche moi ben:

Volvendo á actividade do noso xardín especial de primavera, recordade que se un folio quédasenos pequeno porque fixemos moitas flores diferentes, podemos preguntar a Mamá ou a Papá se teñen unha cartolina ou un cartón grande e así podemos ir ampliando cada día o noso xardín, e ao final teremos un bonito mural para a nosa habitación. Que vos parece?
Pois veña, ao choio que sodes uns artistas!

E para finalizar, unha sorpresa, a Mamá de Lis mandounos este vídeo no que Lis é un capitán pirata no seu barco (terraza). Mirar que bonito o ten coas flores:


No hay comentarios:

Publicar un comentario