viernes, 27 de marzo de 2020



Bos días rapaces! Xa chegou o venres e terminou esta semana un pouco rara e nós imos rematar o noso móbil de primavera. Hoxe faremos as nosas dúas últimas flores, poñerémoslles por detrás os seus nomes e os números 9 e 10. Xa temos dez círculos e coñecemos os nomes de dez flores diferentes.
Agora imos facer o móbil para adornar a nosa habitación. Téñennos que axudar os irmáns maiores, os tíos ou os papás. Sóbranos tempo, ao choio! Necesitamos fíos, se son de cores mellor, e unha barriña de madeira ou cartón duro que pintaremos e decoraremos como queiramos, despois anudaremos na metade desta barriña un fío que será o que utilicemos para colgar o noso móbil e, para terminar, iremos colocando na barriña os círculos a diferentes alturas. Aquí póñovos un exemplo de como vos pode quedar:

Xa temos o móbil, vedes que fácil e bonito quedou?

Pero non pensedes que terminamos o traballo por hoxe. Seleccioneivos diferentes fichas con flores que pintaremos ao longo da fin de semana para non aburrirnos en casa. Cada ficha ficha ten o debuxo da flor co seu nome, está en castelán, así que podemos pedir que nos axuden a buscar o seu nome en galego. Darío, ti ademais tes que escribilo na ficha ti só, sábelo facer perfectamente. Ao resto pódenllo poñer na ficha con camiños de puntiños e eles facelo.









Gústanvos as fichas? Elixir as que prefirades. Se algún quere facelas todas, fenomenal, así terá un álbum persoal de flores. E para animar o final da semana, póñovos un vídeo cunha canción das flores que espero que vos guste:

No hay comentarios:

Publicar un comentario