lunes, 23 de marzo de 2020

Chegou a primavera!




Ola nenos! que tal estamos? Empezamos semana e imos seguir traballando un pouco, así estaremos entretidos e pasarémolo ben.
O venres pasado empezou a primavera e case non nos demos conta; Chove, fai un pouco de frío e empezan a saír as flores.
Pois de flores van ir as actividades desta semana. Imos pintar moitas flores, pero non valen que sexan todas iguais. Hai moitas clases de flores diferentes, con formas e cores distintos. En clase vimos fotos de rosas, tulipans, hortensias, margaridas, calas, rododendros, azaleas e moitas máis; Pois como a maioría temos xardín, imos saír e con Mamá ou Papá buscaremos algunha destas flores e despois nós tentaremos debuxalas e colorealas.

Cada día, ao longo desta semana, temos que atopar dúas flores distintas, logo dentro de casa recortaremos dous círculos de cartolina de cores e pegaremos neles as flores que debuxamos e coloreamos, porque ao final desta semana faremos un móbil para colgar na nosa habitación, que xa vos explicarei o venres como o facemos.
Os que vivimos nun piso, como Jimena e Lis, miraremos nos contos que temos as flores que poden aparecer e, como os demais, elixiremos cada día as dúas que máis nos gusten e faremos o que dixen antes.
Cando teñamos preparados os diferentes círculos cos debuxos pegados por unha cara, na outra cara os nosos papás ou irmáns maiores teñen que poñer o nome da flor con puntiños e hoxe o número 1 e 2 en grande, mañá o serán o 3 e o 4 e así sucesivamente o resto de días da semana. Darío, isto non vai para ti, que ti xa sabes facer isto soiño e non necesitas que che axude ninguén.
Todos os días imos facer tamén algunha ficha relacionada coa primavera, hoxe empezamos con esta:





Un bico moi forte e despídome con esta canción da primavera:




Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario