martes, 9 de junio de 2020

Seguimos coñecendo os océanos


Ola ruliños! Que tal onte co noso percorrido polos océanos do mundo? Verdade que é moi divertido viaxar e aprender cousas que non sabiamos? Ademais, xa estamos concienciados que temos que coidalos porque a nosa vida na Terra tamén depende de que os mares estean limpos e sans; Tanto os animais como as plantas que os habitan proporciónannos recursos e alimentos que necesitamos para vivir.

Nós en Galicia, en especial os que vivimos na costa, temos moito contacto coas augas do Mar Cantábrico e do Océano Atlántico.



Paseamos e bañámonos nas súas praias, coñecemos moitos seres vivos que viven nas súas augas, algúns lles atopamos cando xogamos na area, cando nos escondemos entre as rocas e, ata nalgunha ocasión, collemos algún e metémolo nos nosos cubos da praia; Todo isto poderémolo seguir facendo se coidamos de que as nosas praias e mares sigan estando limpos.


Os mares e os océanos tamén nos permiten que nos comuniquemos uns países con outros por medio da navegación marítima e facémolo pola súa superficie con toda clase de barcos: transatlánticos, barcos de carga, pesqueiros, portaavións, petroleiros, iates...


Todos debemos de ser respectuosos co medio ambiente dos mares e océanos, lembrade que estes ocupan as tres cuartas partes do planeta.


Pero tamén podemos movernos polo interior dos mares e océanos, e facémolo cun medio de transporte especial, o submarino. Que emocionante sería unha viaxe polo fondo do mar, non vos parece? O inventor deste medio de transporte marítimo tan especial foi un español que se chamaba Isaac Peral.


E hoxe imos traballar no "fondo do mar"...

Para Lis, Elia, Blanca e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:



Para Darío:



E que tal vai o voso acuario de cartón? Durante estes días puidestes reunir moitos modelos de seres vivos para que habiten no voso acuario: peces, medusas, estrelas de mar, polbos, luras, algas... Podedes estar moi entretidos mentres o facedes, pero despois non vai custar nada coidalo e mantelo.



Podedes enviar fotos para ver que tal están a quedar.

Sobre o mar e os océanos escribíronse moitas novelas, contos e lendas, unha das máis bonitas ten lugar na costa de Lugo e é "A Maruxaina".


E como todos os martes, toca clase de Educación Física, así que non vos esquezades de visitar o blogue do profe Ricardo:


Un bico bolboreta e ata mañá!










No hay comentarios:

Publicar un comentario