miércoles, 3 de junio de 2020

Imos de excursión en bicicleta


Ola peques! Estamos en forma despois da sesión de onte? Espero que si, porque hoxe espéranos moita marcha. E por que digo isto? Porque hoxe celébrase o "Día Mundial da Bicicleta". No cole temos dúas bicicletas especiais, e son especiais porque non teñen pedais, isto fai que cando xogamos con elas, e facémolo moi a miúdo, teñamos que manter un bo equilibrio e se conseguimos facelo, andar nas bicis normais témolo chupado; Seguramente xa sabemos andar nas bicis de pedais (sen "ruedines") e non o sabemos.

Na casa a maioría temos bicis, verdade? Se non é nosa, será dos nosos irmáns maiores ou dalgún curmán ou dalgún amigo, e hoxe ímoslle a dar moita cana para celebrar este día tan divertido.


Ademais, sabemos, porque xa o falamos en clase, que a bicicleta é un medio de transporte respectuoso co medio ambiente, non contamina; Acordádesvos cando coñecemos a cidade de Ámsterdam en Holanda, que ademais de chamala a "Venecia do norte" porque tiña moitas rúas que eran canles , coñecémola tamén pola "cidade das bicicletas"? Por iso é unha cidade moi limpa e bonita; Queda anotado na nosa axenda que, cando o ditoso coronavirus déixenos viaxar, visitarémola.




Pero o deporte de montar en bicicleta, que se chama ciclismo, pode resultar perigoso polas ocasionais caídas que podamos ter, por iso é moi importante poñernos cascos e xeonlleiras e, ademais, cumprir con todas as normas de circulación: non ir por estradas que non teñan sinalado do "carril bici", non ir polas beirarrúas que son para os peóns, no parque andar polos tramos sinalados para as bicis, ...

Mirade que ben resume todo isto o vídeo de Teo:


E agora seguro que temos ganas de traballar con fichas de bicicletas, imos ao choio!

Para Blanca, Elia, Selene e Lis:



Para Borja, Jaime e Jimena:


Para Darío:



E despois de tanta ficha de bicicletas, seguro que pensades que debuxar unha bicicleta é difícil, pois vos equivocades, é super fácil, mirade este vídeo e darédesme a razón.


Que tal vos quedou a vosa bici? Pois amigos, aínda non terminamos, agora tedes que debuxarvos a vós pedaleando nela. Veña, ánimo, que vos quedará de recordo para toda a vida.

Terminamos ríndonos un pouco con Peppa Pig, que tamén lle encanta montar en bicicleta!


Hoxe mércores que non se vos esqueza visitar os blogues das profes:

Dolores

e Cova

Un bico bolboreta e ata mañá!









No hay comentarios:

Publicar un comentario