viernes, 12 de junio de 2020

Necesitamos que o aire estea limpo


Ola cieletes! Vaia día que temos hoxe! Estamos case no verán, vai frío e ademais chove. Pero se queremos un verán florido, fai falta que chova e esta primavera tivémola chuviosa. Pois nada, animarse, que imos ter un verán estupendo.


Que vos pareceu o cumpre pirata de Borja? Verdade que foi moi divertido e que todos lle desexastes que o pasase moi ben? Non vos quero adiantar acontecementos, pero mañá hai outra amiga do cole que está de cumpre... A ver se adiviñades quen é, o luns resolvemos a incógnita...

E como hoxe non podemos bañarnos nin xogar no xardín, e ademais temos toda a fin de semana, podemos repasar os blogues e poñer ao día algunha ficha ou actividade que teñamos atrasada, e falando de manualidades, póñovos as fotos que mandou a mamá de Lis para que vexades a preciosidade de acuario que lles está quedando, hai de todo, ata unha ostra con perla incluída. Con esta actividade tedes choio para longo, porque podedes ir incorporando todo o que se vos ocorra, ata un barco pirata afundido, nos océanos e mares debe de haber "mogollón", son ideas que vos dou, o fondo do mar dá para moito.


Esta semana falamos moito do Medio Ambiente, de manter limpos os nosos mares e océanos, de manter limpa a Terra coas súas montañas, bosques, ríos e lagos; Pero non falamos da atmosfera, a envoltura de aire que rodea a Terra...


Grazas á atmosfera podemos vivir no planeta Terra, sen ela non existiría ningunha clase de vida. A atmosfera é a que permite respirar aos homes, animais e plantas, pero tamén cumpre outra función moi importante, é como un escudo que protexe á Terra de moitas clases de "ataques" ou perigos que sofre, empezando por certas radiacións que emite o sol, ata de toda clase de obxectos ou elementos que están a circular polo universo, como cantidade de meteoritos ou outros materiais espaciais, aínda que se fosen moi grandes serían un gran perigo e senón acordarvos dos pobres dinosauros...


Xa vistes o importante que é a atmosfera e os fenómenos que nela prodúcense. Se contaminamos a atmosfera cos fumes dos coches, as fábricas, as calefaccións, os incendios... A vida na Terra cambiará; Cambiará o clima e todos os seres vivos que vivimos nela sufriremos as consecuencias. En resumo, temos que coidar o Medio Ambiente: a terra, os mares e o aire, a nosa vida depende diso e nós estes días aprendemos que podemos facer moitas cousas para que isto non ocorra.


Como hoxe non fai para xogar fóra, imos traballar un pouco dentro con fichas de fenómenos atmosféricos...

Para Blanca, Elia, Lis e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:




Para Darío:



E terminamos con Peppa Pig e as tormentas:


Como todos os venres, tócanos clase de Audición e Linguaxe, visitar o blogue da profe Dolores que seguro que vos ten preparadas actividades moi chulas:


Un bico bolboreta e ata mañá!
















No hay comentarios:

Publicar un comentario