jueves, 4 de junio de 2020

Xogando na piscina


Ola peques! Que tal onte coas bicicletas? Algún se deu conta que xa sabe andar en bicicleta e non o sabía? De todos os xeitos, o importante é facer exercicio, movernos e estar en forma.

Dentro duns días empezará o verán, a estación do ano na que pasamos máis tempo fóra de casa, as temperaturas soben e podemos practicar moitos deportes. Comentamos nalgunha sesión que xa estabades a poñer a punto as piscinas no xardín, que tal vai a cousa, bañástesvos moito? Estes días pasados fixo moito calor e aquí en Galicia hai que aproveitalo para ir á praia ou á piscina, este ano co "pelma" do coronavirus o da praia témolo un pouco complicado, pero a piscina de casa é toda nosa, non temos límites, e agora xa podemos convidar aos curmáns ou aos amigos pero sen pasarse!


Na piscina, ademais de xogar, podemos practicar un deporte estupendo, a natación; Todos temos que aprender a nadar, a maioría xa o estades facendo, porque ides a clase de natación ás piscinas municipais durante o curso, e na piscina de casa só temos que practicar. A natación é un deporte completo, movemos todos os membros do noso corpo e á vez sincronizamos a respiración e, unha vez que aprendemos, xa non se nos esquece nunca. Pero como todos os deportes ten o seu risco e temos que practicalo con sentidiño, tanto dentro da auga como cando estamos fóra e volvémonos a meter. Temos que procurar non molestar ao resto das persoas que se atopan preto de nós.


Agora, despois de pasalo tan ben na piscina, imos traballar un pouco.

Para Selene, Blanca, Elia e Lis:



Para Jimena, Jaime e Borja:



Para Darío:



E esta ficha é para todos, imos a chapotear na piscina, pero tes que debuxar aos teus amigos e a ti dentro dela.


E que vos parece se despois de bañarvos e merendar tentades facer estas manualidades que vos poden quedar moi bonitas e podédesvos divertir moito con elas.



Para acabar, imos rirnos un pouco con Peppa na piscina:


Como todos os xoves toca clase de Educación Física, así que pasade polo blogue do profe Ricardo (http://edufisicra.blogspot.com/) que seguro que ten unas actividades moi chulas para vos!

Un bico bolboreta e ata mañá!








No hay comentarios:

Publicar un comentario