martes, 2 de junio de 2020

Hábitos saudables que non debemos esquecer



Ola nenos! Que tal as comidas de onte, despois da "master class" que tivemos sobre o importante que era comer san e variado? Se algún se anima, como facemos en clase, que nos diga cal é o seu alimento preferido, pero que estea dentro deste grupo, ou cal é a receita preferida que lle fan en casa con algún destes alimentos, veña, animarvos, que quizais en Lubre temos un chef con moitas "estrelas michelín" e non o sabiamos.

E se é importante ter unha alimentación sa, isto non é suficiente se ao mesmo tempo non mantemos unha vida saudable; E que significa ter unha vida saudable?: Manter unha boa hixiene e facer exercicio. O primeiro co pesado do coronavirus témolo moi actualizado: bañarnos ou, mellor, ducharnos todos os días (isto último é mellor porque temos que procurar non gastar moita auga, usar só a necesaria, a auga é un ben escaso), lavarnos frecuentemente as mans, en especial antes de comer, limparnos os dentes despois de cada comida, e se comemos chuches, nalgunha ocasión, ao terminar lavar a boca... Unha vez que estamos limpos e relucentes como os "chorros do ouro", chegou o momento de facer exercicio. Vós isto tédelo chupado, primeiro porque sodes moi inquietos e sempre vos estades movendo, segundo porque xogades moito, e terceiro porque Ricardo, o voso profe de Educación Físca, en clase sempre vos propón unhas actividades chulísimas que vos encantan, verdade? Vedes que sinxelo é ter unha vida sa e alegre?

E para lembrar todos estes hábitos, aquí temos unha canción con moita marcha:


E despois de escoitar e bailar con este vídeo, seguro que estades como motos e cunhas ganas tolas de traballar.

Para Elia, Blanca, Lis e Selene:



Para Jaime, Borja e Jimena:



Para Darío:



Para que non se vos esqueza todo o que aprendemos, aquí temos os consellos de Peppa Pig:


Verdade que quedaría moi bonito se nolo imprimisen e pegasen sobre unha cartolina e colocásemolo na nosa habitación? Veña papis, ao choio!

Terminamos con Teo e os seus irmáns divertíndose moito á hora do baño:


Lembrade que hoxe nos toca clase co profe Ricardo, así que visitar o seu blogue que seguro que vos preparou unhas actividades moi divertidas:


Un bico e ata mañá!








No hay comentarios:

Publicar un comentario