lunes, 8 de junio de 2020

Coidemos o mar e a praia


Ola chiquis! Empezamos semana e ímolo a facer "viento en popa a toda vela" porque hoxe é o "Día Mundial dos Océanos".


O venres estivemos a falar moito do Medio Ambiente e o importante que era conservalo limpo e san para que a vida na Terra fose estupenda para todos os seres vivos que habitamos nela. E os Océanos son unha parte moi importante do Medio Ambiente; Xa coñecemos os continentes da Terra e hoxe imos coñecer os Océanos. Os Océanos son mares moi grandes e nós temos un moi preto, moitas das praias de Galicia onde nos bañamos no verán son o Océano Atlántico. A Terra ten 5 grandes Océanos: O Atlántico, o Pacífico, o Índico, o Ártico e o Atlántico. O máis grande de todos é o Océano Pacífico.


Hai unha característica moi importante da auga dos mares e os océanos, é auga salgada; Seguro que xa o sabedes todos porque cando vos bañades nas praias de Sada ou Gandarío, nalgún momento tragastes un pouco de auga, verdade? Estaba malísima e non se podía beber; Por tanto, a maior parte da auga da Terra non vale para beber nin tampouco para regar as plantas, por iso é tan importante coidar a auga das nosas fontes, ríos e lagos, a esta chamámola auga doce e con ela regamos as nosas plantas que despois comemos e bebemos nós e os animais, se non coidamos e aproveitamos moi ben esta pequena cantidade de auga doce ou potable que temos en Terra, non habería vida no noso planeta.


É verdade que a auga dos mares e océanos non a podemos beber nin nós nin os animais e plantas que viven na superficie da Terra; Pero nesta auga salgada hai moita vida, viven moitos animais e plantas que, do mesmo xeito que ocorre cos que habitamos na superficie da Terra, necesitan que o seu Medio Ambiente estea limpo e san; A nosa vida na Terra depende tamén de que a vida nos mares e océanos sexa sa e saudable. Se nós cos nosos malos costumes e comportamentos contaminamos a auga dos mares e océanos, acabaremos coa vida dos seus animais e plantas e isto tamén será malo para nós, todos dependemos de todos. Como xa explicamos en moitas ocasións, nós tamén podemos facer cousas sinxelas pero moi importantes para que isto non suceda, a máis importante: non deixar nin tirar lixo na praia ou no mar. Houbo persoas moi comprometidas co obxectivo de salvar os mares e océanos desta contaminación producida polo home e os seus abusos e dar a coñecer ao mundo o que estaba a pasar; Unha das personalidades máis destacadas e coñecida foi o francés Jacques Cousteau que abordo do seu buque "Calypso" percorreu os mares e océanos de todo o mundo mostrando coas súas fotos e vídeos o que estaba a ocorrer.


Hoxe traballaremos un pouco, que é luns e tivemos toda a fin de semana para descansar.

Para Lis, Elia, Blanca e Selene:



Para Borja, Jimena e Jaime:



Para Darío:



Como nos estamos afeccionando a facer manualidades e hoxe é o "Día dos Océanos", non nos podía faltar un barco para percorrelos que podedes facer cun cartón de leite:


E no noso percorrido, con semellante preciosidade de barco, atoparémonos cunha chea de animais mariños que podedes facer na casa:


E mentres traballamos, podemos escoitar esta canción para empezar moi animados a semana.


E como todos os luns, hoxe tamén nos toca clase de biblioteca, música e inglés, así que non vos esquezades de visitar os blogues

da profe Eva:

da profe María:


da profe Cova: 

Un bico bolboreta e ata maña! 









No hay comentarios:

Publicar un comentario