viernes, 5 de junio de 2020

Imos coidar ao noso planeta


Ola cuquiños! Hoxe é un día moi bonito e especial, é o "Día Mundial do Medio Ambiente".



Vós xa sabedes a que chamamos Medio Ambiente, todos os días en clase falamos diso dunha forma ou outra. O Medio Ambiente é onde vivimos e todo o que nos rodea: o aire que respiramos, a terra que pisamos, os bosques e os ríos que percorremos cando imos de paseo, as montañas que "escalamos" nas nosas excursións, o mar e as praias nas que nos bañamos, xogamos e tomamos o sol... En resumo, o Medio Ambiente é o noso planeta a Terra.



No cole explicamos moitas veces o importante que é manter o noso planeta san para que todos podamos vivir nel de maneira saudable, e digo todos, porque non só somos as persoas, tamén son os animais e as plantas.


Nós cos nosos hábitos e costumes podemos facer e contribuír moito a que todo isto sexa unha realidade.

Debemos coidar a nosa cidade, o noso pobo ou a nosa localidade, no noso caso Lubre, coma se fose a nosa casa e a nosa propia habitación; Debemos tirar o lixo nas papeleiras ou contedores correspondentes.


Cando volvamos xogar nos parques, ademais de contribuír a que estean limpos, debemos utilizar con respecto randeeiras, tobogáns, balancíns, ..., co mesmo coidado que temos en casa ou no colexio cos nosos xoguetes. Todo isto xa o sabiamos, pero é bo volver lembralo.


E hai unha palabra máxica en todo este proceso, RECICLAXE.


Sabemos perfectamente o que significa, volver utilizar moitas cousas e obxectos varias veces, así non xeramos tanto lixo e, ademais, aforramos diñeiro aos papás que estes traballan moito para que vós poidades vivir tan ben como facédelo. Podemos reutilizar a roupa dos nosos irmáns ou curmáns maiores, os xoguetes, os libros... Case todas as manualidades que vos propoño pódense facer con cartóns, papeis de envolver, caixas e moitas outras cousas que a maioría das veces tíranse ao lixo, case todo se pode reutilizar, só hai que ter imaxinación e darlle unha segunda oportunidade.


Hoxe non imos facer fichas, como é venres e temos toda a fin de semana por diante, imos facer xoguetes reciclando, aquí póñovos moitas ideas:









En https://www.amarilloverdeyazul.com/aprende-reciclar-jugando/ podedes ver como se fan e despois elixide e facedes as que máis vos gusten.

Terminamos con Peppa e o seu irmanciño George, que coñecen o que é un punto limpo e aprenden a reciclar:


Non vos esquezades que hoxe, venres, viría ao cole a profe Dolores, picade na foto para visitar o seu blogue:


Boa fin de semana! Un bico bolboreta e ata o luns!













No hay comentarios:

Publicar un comentario