jueves, 18 de febrero de 2021

Xornada de portas abertas virtual na aula de Lubre


Ola! Debido á pandemia, e seguindo o protocolo
covid, este curso escolar as xornadas de portas abertas nas aulas do CRA de Bergondo non se poden realizar de maneira de presencial, como viña ocorrendo en anos anteriores, por este motivo, póñovos este pequeno vídeo para que vos fagades unha idea de como son as dúas aulas do noso cole. Animarvos! Un abrazo e vémonos pronto!

 

viernes, 19 de junio de 2020

Hurra polas vacacións de verán!


Ola neniños! Chegou o último día deste curso tan raro e todos os profes do CRA querémonos despedir e desexarvos o mellor verán da vosa vida (que se "fastidie" o ditoso coronavirus):


E fixarvos que sorte temos que mañá é o "Yellow Day"


O día máis feliz do ano porque chega o verán e as vacacións e nós ímolo a celebrar hoxe!


Se estivésemos no cole, celebrariamos a "Festa de Fin de Curso", recolleriamos os nosos traballos, dariámonos bicos e abrazos e a empezar as vacacións de verán!


Pero non estamos nós sós de vacacións, tamén o están Peppa e o seu irmán George:


Epi e Blas colleron un avión e fóronse a "surfear" un pouco máis lonxe:



Teo foise de vacacións a un campamento de verán



E Os Bolechas descubriron unha illa nova en Gandarío!



E nós terminamos cantándolle ao coronavirus que non nos renderemos como María Pita cantoullo aos corsarios ingleses:


E pasarvos por todos os blogues dos profes que seguro que se queren despedir de vós:


















jueves, 18 de junio de 2020

Hoxe toca encher o bandullo


Ola "pipiolines"! Poñervos as pilas que hoxe é un día estupendo, é o Día Mundial da Tapa e do Shushi. É un día estupendo porque en Lubre o de comer dásenos xenial e senón que llo pregunten ás tortillas e biscoitos que traedes en ocasións ao cole, non quedan nin as faragullas!


As TAPAS son todo o que nos poñen nos bares e cafeterías cando imos cos papás para tomar un refresco: o prato de patacas fritas, olivas, o anaquiño de tortilla, a "salchicha con ketchup", luras, albóndegas, callos... e moitas cousas máis que están moi ricas e gústannos moito.


Pero o SHUSHI non é tan coñecido porque é unha comida típica dun país que está moi lonxe: XAPÓN.


Necesitamos pasarnos moitas horas en avión para chegar alí, e senón que Darío lle pregunte ao seu papá o moito que tarda en chegar a China cando vai de viaxe a este país que está enfronte de Xapón. Imos coñecer un pouco deste país que é tan diferente ao noso:


E que mellor para terminar de coñecer este país que practicar algunhas expresións en xaponés:


Agora imos xogar e repasar algunhas cousas que aprendemos de Xapón, picade na foto para ir ao xogo:


Hoxe non hai fichas... O noso traballo vai ser facer figuras de origami e con elas completar o noso acuario, fixarvos que fácil é facer con diferentes papeis de cores uns divertidos peixes:


Seguro que con todo este desgaste por tanta actividade entrouvos fame... Que vos parece se probamos a facer shushi na casa?


E se non temos láminas de algas para envolver o shushi, podemos facelo con pan de molde:


E terminamos cunha canción xaponesa:


Lembrade que hoxe nos toca clase de Educación Física e seguro que o profe Ricardo preparouvos unhas actividades moi chulas:


Un bico bolboreta e ata mañá!










miércoles, 17 de junio de 2020

Debemos seguir coidando o planeta


Ola peques! Terminamos os "cumples" por este curso, aínda que a maioría non os puidemos celebrar xuntos no cole, pero o próximo ano farémolo ao grande!

Aquí tedes unha foto moi chuli que me mandou a mamá de Blanca soprando as velas no seu super cumple deste ano:



Hoxe imos continuar co Medio Ambiente e o seu coidado e protección, porque hoxe é o "Día Mundial contra a seca e a desertificación".



E que creedes que quere dicir isto? Pois que hai sitios nos que a auga é moi escasa, non chove e os ríos, as fontes e os lagos, que son os que teñen a auga doce, aos poucos vanse secando e a vida ao seu redor mórrese. Isto na maioría dos casos non ocorre por causas naturais, senón polos malos hábitos e prácticas que teñen os homes. Nós non queremos que isto pase, verdade? Aínda estamos a tempo de parar este proceso, imos poñernos ao choio, podemos facer moitas cousas pequenas que todas xuntas supoñen algo grande.


Xa vedes o importante que é cambiar algúns malos costumes e podemos empezar nós na nosa casa cambiando pequenos hábitos que aforren auga e enerxía; Isto fará que aos poucos o aire, a auga e, en especial, o chan da Terra vaian recuperándose.


E como a maior parte da nosa enerxía a imos dedicar a recuperar o noso planeta, hoxe só imos colorear estas fichas para que nos lembren esta misión tan importante que temos:



Terminamos con esta canción tan marchosa na que Coco nos lembra pequenas cousas que podemos facer para coidar o noso Planeta:


E como todos os mércores tamén nos toca clase de Audición e Linguaxe coa profe Dolores:



e de Inglés coa profe Cova:


Un bico bolboreta e ata mañá!








martes, 16 de junio de 2020

En Lubre seguimos de cumple!


Ola ruliños! Que tal estamos hoxe? Moi ben porque continuamos con festa de "cumple", este mes e para despedir o curso non paramos.



Hoxe é o cumple de Selene.



Moitas felicidades Selene! Todos os teus compañeiros e profes do cole desexámosche moitas felicidades e eu mándoche un abrazo e un bico bolboreta moi forte. E como xa é costume na túa casa, celebraredes unha gran festa, nós tamén nos unimos a ela.


Selene, esta ficha tan especial é para ti, para que a pintes e téñala de recordo deste cumple:


E como este é o último "cumple" deste curso e es a máis pequena da clase, mirade como celebrou Peppa o "cumple" do seu irmán pequeno George:


Hoxe é tamén o "Día Mundial das Tartarugas Mariñas".


As tartarugas mariñas son animais que debido á contaminación do medio ambiente mariño están en perigo. Imos aprender algunhas cousas delas:


E hoxe imos traballar con tartarugas...

Para Blanca, Elia, Lis e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:



Para Darío:



E para celebrar este día, imos ver a Peppa e a súa familia de vacacións visitando o medio ambiente onde viven as tartarugas e outros animais mariños:


E hoxe martes toca clase de Educación Física co profe Ricardo: http://edufisicra.blogspot.com/


Un bico bolboreta e ata mañá!




lunes, 15 de junio de 2020

Empezamos a última semana e cun cumpre xenial!


Ola campións! Empezamos a última semana deste "curso especial", non teño que explicar porqué foi especial, verdade?

Como vos dixen o venres, seguimos de cumpre porque o sábado 13 de xuño, Blanca cumpriu 4 "añazos"!


Pricesiña, estás a crecer moi rápido!


FELICIDADES BLANCA! Moitas felicidades de todos os teus amigos de Lubre e dos teus profes, en especial da túa profe Ana. Cando volvamos vernos, cantarémosche, a ti e aos teus compañeiros que cumpriron anos nesta etapa tan rara, todas as cancións de cumpre que sabemos, moitos bicos e que o pases moi ben cos teus papás, con Carla, os avós e con todos aqueles que celebraron contigo este día tan importante.


Hoxe, ademais de celebrar o cumpre de Branca, tamén é o "Día Mundial do Vento".


Imos saber algo máis sobre o vento:


Aprendemos moitas cousas sobre o vento e o importante que é na vida na Terra, pero tamén pode ser moi perigoso e destrutivo, como ocorre cos furacáns:


E como estamos de cumpre, as fichas de hoxe tamén van de cumpre e son moi fáciles!

Esta ficha é para todos:


Para Blanca, Elia, Lis, Selene, Jimena, Jaime e Borja:


Para Darío esta ficha que está chupada:


E esta ficha tan especial é para Branca, para que teña un recordo do seu cumpre:


E terminamos con Peppa que tamén cumpre 4 anos como Branca:


E como todos os luns, tamén toca clase de Biblioteca coa profe Eva: http://bibliotecadelcra.blogspot.com/ , de Música coa profe María:




e de English coa profe Cova:



Un bico bolboreta e ata mañá!










viernes, 12 de junio de 2020

Necesitamos que o aire estea limpo


Ola cieletes! Vaia día que temos hoxe! Estamos case no verán, vai frío e ademais chove. Pero se queremos un verán florido, fai falta que chova e esta primavera tivémola chuviosa. Pois nada, animarse, que imos ter un verán estupendo.


Que vos pareceu o cumpre pirata de Borja? Verdade que foi moi divertido e que todos lle desexastes que o pasase moi ben? Non vos quero adiantar acontecementos, pero mañá hai outra amiga do cole que está de cumpre... A ver se adiviñades quen é, o luns resolvemos a incógnita...

E como hoxe non podemos bañarnos nin xogar no xardín, e ademais temos toda a fin de semana, podemos repasar os blogues e poñer ao día algunha ficha ou actividade que teñamos atrasada, e falando de manualidades, póñovos as fotos que mandou a mamá de Lis para que vexades a preciosidade de acuario que lles está quedando, hai de todo, ata unha ostra con perla incluída. Con esta actividade tedes choio para longo, porque podedes ir incorporando todo o que se vos ocorra, ata un barco pirata afundido, nos océanos e mares debe de haber "mogollón", son ideas que vos dou, o fondo do mar dá para moito.


Esta semana falamos moito do Medio Ambiente, de manter limpos os nosos mares e océanos, de manter limpa a Terra coas súas montañas, bosques, ríos e lagos; Pero non falamos da atmosfera, a envoltura de aire que rodea a Terra...


Grazas á atmosfera podemos vivir no planeta Terra, sen ela non existiría ningunha clase de vida. A atmosfera é a que permite respirar aos homes, animais e plantas, pero tamén cumpre outra función moi importante, é como un escudo que protexe á Terra de moitas clases de "ataques" ou perigos que sofre, empezando por certas radiacións que emite o sol, ata de toda clase de obxectos ou elementos que están a circular polo universo, como cantidade de meteoritos ou outros materiais espaciais, aínda que se fosen moi grandes serían un gran perigo e senón acordarvos dos pobres dinosauros...


Xa vistes o importante que é a atmosfera e os fenómenos que nela prodúcense. Se contaminamos a atmosfera cos fumes dos coches, as fábricas, as calefaccións, os incendios... A vida na Terra cambiará; Cambiará o clima e todos os seres vivos que vivimos nela sufriremos as consecuencias. En resumo, temos que coidar o Medio Ambiente: a terra, os mares e o aire, a nosa vida depende diso e nós estes días aprendemos que podemos facer moitas cousas para que isto non ocorra.


Como hoxe non fai para xogar fóra, imos traballar un pouco dentro con fichas de fenómenos atmosféricos...

Para Blanca, Elia, Lis e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:




Para Darío:



E terminamos con Peppa Pig e as tormentas:


Como todos os venres, tócanos clase de Audición e Linguaxe, visitar o blogue da profe Dolores que seguro que vos ten preparadas actividades moi chulas:


Un bico bolboreta e ata mañá!