lunes, 1 de junio de 2020

Comer san é moi divertido


Ola peques! Como empezamos a semana, con ganas? Ademais, tamén empezamos mes, o mes de xuño, o mes das vacacións de verán, as vacacións máis longas do curso.

Se este fose un "curso normal" xa estariamos cansos e con moitas ganas de saír, ir á praia, xogar nos xardíns e parques, ... Pero este ano foi distinto, aínda así, nós continuamos coa nosa vida activa e sa, aquí tamén se inclúe o "traballo do cole" e todas as rutinas diarias. E por que falo da vida sa? Porque o sábado sabedes que foi o "Día do zume"? E esta celebración lembroume o importante que é manternos activos e sans, e aquí xoga un papel moi importante nosa alimentación.


Falamos moito do importante que é unha alimentación sa e equilibrada; Debemos comer de todo, en especial alimentos naturais; Vós tédelo fácil, porque moitos podedes comer verduras e froitas dos vosos hortos familiares, xa falamos diso en varias sesións anteriores.

Para lembrar o importante que é alimentarse ben, imos repasar a "Pirámide dos alimentos", que xa vimos en varias ocasións en clase:


Que vos pareceu o vídeo? Verdade que é moi fácil alimentarse de forma sa e equilibrada tendo tantos produtos dispoñibles para alimentarnos? Debemos comer de todo e non dicir "non me gusta" se antes non o probamos. Temos moita sorte de vivir onde vivimos e ter o que temos, hai moitos nenos no planeta Terra que non gozan do para nó que é normal, pero isto xa o trataremos noutra ocasión.

Agora imos entreternos un pouco con estas fichas que dan ganas de comerllas.

Para Selene, Blanca, Elia e Lis:




Para Borja, Jaime e Jimena:




Para Darío:



Queredes divertirvos esta tarde? Pois coller plastilina e facer froitas e verduras para convidar os vosos amigos a unha comida saudable e divertida. Póñovos algunhas ideas:



Blanca, ti xa tes onde recibir, a casiña que o avó vos fixo a Carla e a ti.

Terminamos cun vídeo de Peppa Pig que tamén se apunta á comida sa e come de todo con moitas froitas e verduras do horto do avó:


E como hoxe é luns, temos clase de biblioteca, de música e de inglés, non vos olvidedes e visitar os blogues 



e da profe Cova 


Un bico bolboreta e ata mañá!






No hay comentarios:

Publicar un comentario