Bos días cativiños! Este ano o "Día de Mamá", que celebraremos o vindeiro domingo, será especial, porque o seu agasallo farémolo con ela, pero o importante é que sabemos que Mamá é única, non hai outra igual, e cando hoxe abramos o blogue con ela e vexa o que a preparamos, gustaralle moito participar, aínda que sexamos nós os que realicemos o agasallo. Se de todos os xeitos queremos darlle unha sorpresa, podemos pedirlle axuda a Papá ou a outra persoa maior que estea na casa connosco. O máis importante é o agarimo con que fagamos estes agasallos, non importa o esforzo nin tampouco como nos queden, só importa que o facemos por Mamá, a persoa que máis nos quere neste mundo, Papá tamén, pero o domingo é o "Día de Mamá".
Para celebrar este día podemos colorear unha ficha, póñovos varios modelos para que elixades a que máis vos guste:
As fichas son para adornar e celebrar o "Día de Mamá" na casa. E agora imos co máis importante, o agasallo para Mamá! Tamén temos varias opcións para facer a que máis vos guste.
A primeira idea de agasallo que vos propoño é este modelo que unha vez coloreado, decorado e debuxando a Mamá no centro, recortamos e pegamos nun cartón ou cartolina e así será un cadro moi bonito para poñer nun sitio especial.
Para as "Mamás Raíñas", tamén lles podedes facer este modelo de espello tan especial. Tedes que facer o mesmo que no marco, decorar e debuxar a Mamá no óvalo da dereita. Ademais da ficha co modelo, póñovos unha foto para que vexades o chuli que vos pode quedar.
E para rematar, se Papá axúdavos, aquí vai outro agasallo que podedes facer entre os dous e regalarllo xuntos a Mamá:
Pois ao choio campións! Temos varios días por diante ata o domingo, porque mañá venres é festa, é o "Día dos Traballadores", é dicir, o voso día, e que mellor plan que celebralo traballando para facer agasallos a Mamá. E mentres podedes ver este conto dedicado ás "Mamás Máxicas" e que podedes repetir, tanto o conto como as cancións, o domingo que é o seu día especial.
Un bico bolboreta da profe!
No hay comentarios:
Publicar un comentario