domingo, 31 de agosto de 2014

Curso 2013-14. Decembro

Nas clases de Isabel lemos contos, o polbo Cristovo visítanos e cóntanos historias das súas aventuras nos diferentes países polo mundo. Nestas semanas de decembro falounos de Xapón, ensinounos unha boneca moi bonita, contounos contos cun kamishibai, un pequeno teatriño de papel para contar historias en lendas dese país e tamén fixemos actividades de origami, como as bonecas kokeshi e os peixes koi.

                              https://www.youtube.com/watch?v=OVdwBoSMyBY


Este mes fomos de visita á casa de Diego, que invitounos a merendar e todos xuntos pasamos un bo rato.



En decembro chega o frío e o inverno, por iso cando fai un día soleado aproveitamos para saír ao patio e xogamos un montón.



Co frío chega o nadal, e con él chega a visita do Pandigueiro. Ese día o pasamos moi ben cos seus agasallos e escoitando as súas historias.



Os últimos días antes de que nos desen as vacacións de foron os máis divertidos do trimestre pola chegada do nadal, a decoración da árbore e a visita dos Reis Magos.













No hay comentarios:

Publicar un comentario