Este ano vanse da escola Adrián e David, e o seguinte vídeo vai dedicado aos que foron os seus mellores momentos na escola de Lubre nestes tres anos de E.I.
Ante a chegada do fin de curso, empezamos a preparar o mural para levar á visita ao Cruz do Sar. Este ano o tema era Lubre e todos nós debuxamos as nosas casas e así compuxemos o noso particular mapa de Lubre.
Como todos os anos polo final de curso, fomos de visita ao Cruz do Sar e o pasamos moi ben vendo as clases dos nenos maiores, as actuacións no teatro e as exposicións. e rematamos a visita comendo unha comida moi rica no comedor dos nenos maiores.
Os últimos días de clase foron de moita trasfega facendo moitas fichas e rematando os cadernos.
E rematamos o curso cunha festa de cumpreanos. O 20 de xuño, á vez que festexabamos o último día do curso, celebramos que óscar cumpría 4 anos cunha festa moi divertida.
O último trimestre estivo dedicado a coñecer Bergondo.
Fomos de excursión por Lubre a ver a igrexa e o cruceiro.
Viño a visitarnos Alejandra, a alcaldesa de Bergondo.
E tamén tivemos a visita dos nenos da escola de Silvoso e dos rapaces de CPAP, éstes últimos trouxéronnos como regalo unha bolboreta e unha pantera rosa feitas por eles que eran unha pasada!
O segundo trimestre estivo dedicado a aprender cousas de Sudamérica, e para aprender máis cousas deses países visitounos Lía, que contounos un montón de cousas interesantes da selva e do Amazonas.
Empezamos o mes explotando a nosa creatividade pintando con acuarelas.
Pero sen dúbida ningunha, o máis divertido do mes foi celebrar o entroido. Este ano o celebramos durante unha semana enteira, cada día levabamos un accesorio diferente (lentes, gravatas, gorros) e o último día xa lucimos os nosos fantásticos disfraces na festa de entroido que fixemos na escola.
En xaneiro voltamos ás clases e ás nosas actividades, unha que nos gusta moito é pintar coa pintura de dedos porque é moi divertido.
A finais de mes celebramos o Día da Paz, este ano dedicado aos dereiros da infancia, e para a visita ao centro fixemos un mural coa nosa escola de protagonista que quedounos moi chulo.
Nas clases de Isabel lemos contos, o polbo Cristovo visítanos e cóntanos historias das súas aventuras nos diferentes países polo mundo. Nestas semanas de decembro falounos de Xapón, ensinounos unha boneca moi bonita, contounos contos cun kamishibai, un pequeno teatriño de papel para contar historias en lendas dese país e tamén fixemos actividades de origami, como as bonecas kokeshi e os peixes koi.
Os últimos días antes de que nos desen as vacacións de foron os máis divertidos do trimestre pola chegada do nadal, a decoración da árbore e a visita dos Reis Magos.