O vídeo de hoxe vai dedicado a visita do Apalpador á Escola de Lubre.
Antes de que chegaran as vacacións de Nadal, viñeron a visitarnos o Apalpador coas profes Eva e Alicia.
O Apalpador ou Pandigueiro é un xigante carboeiro que baixa a noite do 31 de decembro para visitar aos nenos, tocándolles os bandullos para ver se comeron de abondo durante o ano, deixándolles unha morea de castañas e noces, regalos e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Esta e unha paixoliña que podemos cantar a noite do 31 de decembro cando veña o Apalpador a visitarnos as nosas casa:
- Hoxe é día do Nadal,
- día do Noso Señor
- ide logo para a camiña
- que vai vir o Apalpador.
- ·············
- Hoxe é día do Nadal,
- vai neniño para a camiña
- que vai vir o Apalpador
- a apalparche a barriguiña.
- ·············
- Hoxe é día do Nadal,
- que haberá gran nevarada,
- e há vir o Apalpador
- cunha mega de castañas.
- ·············
- Por aquela cemba,
- xa ven relumbrando,
- o señor Apalpador
- para darvos o aguinaldo.
- Hoy es día de Navidad,
- día de Nuestro Señor
- id corriendo a la camita
- que va a venir el Apalpador.
- ·············
- Hoy es día de Navidad
- vete niñito a la camita,
- que va a venir el Apalpador
- a palparte la barriguita.
- ·············
- Hoy es día de Navidad,
- que habrá una gran nevada,
- y vendrá el Apalpador
- con un montón de castañas.
- ·············
- Por aquel bosque,
- que ya ven alumbrando,
- el señor Apalpador
- para daros el aguinaldo.
http://youtu.be/8r4pnqCX2AA
No hay comentarios:
Publicar un comentario