jueves, 11 de junio de 2020

Hoxe estamos de cumple pirata!


Ola grumetes! Como estamos hoxe? Temos que atoparnos en forma porque hoxe imos ter moita marcha; E por que digo isto? Porque hoxe tamén é un día moi importante, hoxe celebramos un cumple, é o aniversario de Borja!


Moitas felicidades Borja! De parte de todos os teus compañeiros e profes do CRA de Bergondo, en especial da túa profe Ana, moitos bicos bolboreta e abrazos de oso amoroso!



Xa es un neno un pouco máis maior, cumpres 5 anos, todos os dediños dunha man!


Seguro que os papás, avós e irmanciñas felicitáronche e déronche moitos bicos e 5 tiróns de orellas, nós tamén o facemos e cando nos volvamos a ver, despois do verán, lembrarémoscho.


E por que puxen tantos debuxos e vídeos de piratas? Acordádesvos do día que no cole falamos de que queriamos ser cando fósemos maiores e Borja dixo que el quería ser pirata? Pois hoxe imos celebrar o cumple pirata de Borja!


E a mellor maneira de celebrar este día de cumple é con estas fichas piratas...

Para Blanca, Elia, Lis e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:



Para Darío:



E esta ficha tan especial é para o que cumpre anos, Borja, cando a termines de colorear, pégala sobre un cartón ou cartolina e así terás un bonito recordo deste día para a túa habitación:


E imos terminar como empezamos, con moita marcha para celebrar este día tan especial!


Como todos os xoves, toca clase co profe Ricardo, visitar o seu blogue que seguro que vos propón actividades moi divertidas:

Un bico bolboreta e ata mañá!









miércoles, 10 de junio de 2020

Andemos e circulemos seguros pola cidade.


Ola peques! Hoxe é un día moi importante para todos, tamén para vós, é o "Día Mundial da Seguridade Viaria".


Neste día hai unha palabra moi importante: RESPONSABILIDADE. Esta palabra dicímola moitas veces en clase. Temos que ser responsables do noso traballo, do noso comportamento, dos nosos xogos... E neste día, e en todos, temos que ser responsables do noso comportamento na rúa, nos medios de transporte público, cando paseamos por Lubre e as súas corredoiras...


Pero para facer todo isto, fainos falta coñecer a maioría de sinais de tráfico que nos atopamos na cidade e no campo; Coñecemos moitas, pero non está mal que as volvamos a lembrar.


E hoxe as fichas que nos tocan, teñen que ser do tema...

Para Blanca, Elia, Lis e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:



Para Darío:



Mirade o ben que aprendeu Loli as normas e sinais de circulación que se atreveu a ser ela a policía de tráfico:


E que sorpresa podémonos levar se cumprimos ben as normas de circulación como lle pasou a Lupita neste vídeo:


e como todos os mércores, non vos esquezades pasarvos polos blogues da Dolores
e da profe Cova

Un bico bolboreta e ata mañá!







martes, 9 de junio de 2020

Seguimos coñecendo os océanos


Ola ruliños! Que tal onte co noso percorrido polos océanos do mundo? Verdade que é moi divertido viaxar e aprender cousas que non sabiamos? Ademais, xa estamos concienciados que temos que coidalos porque a nosa vida na Terra tamén depende de que os mares estean limpos e sans; Tanto os animais como as plantas que os habitan proporciónannos recursos e alimentos que necesitamos para vivir.

Nós en Galicia, en especial os que vivimos na costa, temos moito contacto coas augas do Mar Cantábrico e do Océano Atlántico.



Paseamos e bañámonos nas súas praias, coñecemos moitos seres vivos que viven nas súas augas, algúns lles atopamos cando xogamos na area, cando nos escondemos entre as rocas e, ata nalgunha ocasión, collemos algún e metémolo nos nosos cubos da praia; Todo isto poderémolo seguir facendo se coidamos de que as nosas praias e mares sigan estando limpos.


Os mares e os océanos tamén nos permiten que nos comuniquemos uns países con outros por medio da navegación marítima e facémolo pola súa superficie con toda clase de barcos: transatlánticos, barcos de carga, pesqueiros, portaavións, petroleiros, iates...


Todos debemos de ser respectuosos co medio ambiente dos mares e océanos, lembrade que estes ocupan as tres cuartas partes do planeta.


Pero tamén podemos movernos polo interior dos mares e océanos, e facémolo cun medio de transporte especial, o submarino. Que emocionante sería unha viaxe polo fondo do mar, non vos parece? O inventor deste medio de transporte marítimo tan especial foi un español que se chamaba Isaac Peral.


E hoxe imos traballar no "fondo do mar"...

Para Lis, Elia, Blanca e Selene:



Para Borja, Jaime e Jimena:



Para Darío:



E que tal vai o voso acuario de cartón? Durante estes días puidestes reunir moitos modelos de seres vivos para que habiten no voso acuario: peces, medusas, estrelas de mar, polbos, luras, algas... Podedes estar moi entretidos mentres o facedes, pero despois non vai custar nada coidalo e mantelo.



Podedes enviar fotos para ver que tal están a quedar.

Sobre o mar e os océanos escribíronse moitas novelas, contos e lendas, unha das máis bonitas ten lugar na costa de Lugo e é "A Maruxaina".


E como todos os martes, toca clase de Educación Física, así que non vos esquezades de visitar o blogue do profe Ricardo:


Un bico bolboreta e ata mañá!










lunes, 8 de junio de 2020

Coidemos o mar e a praia


Ola chiquis! Empezamos semana e ímolo a facer "viento en popa a toda vela" porque hoxe é o "Día Mundial dos Océanos".


O venres estivemos a falar moito do Medio Ambiente e o importante que era conservalo limpo e san para que a vida na Terra fose estupenda para todos os seres vivos que habitamos nela. E os Océanos son unha parte moi importante do Medio Ambiente; Xa coñecemos os continentes da Terra e hoxe imos coñecer os Océanos. Os Océanos son mares moi grandes e nós temos un moi preto, moitas das praias de Galicia onde nos bañamos no verán son o Océano Atlántico. A Terra ten 5 grandes Océanos: O Atlántico, o Pacífico, o Índico, o Ártico e o Atlántico. O máis grande de todos é o Océano Pacífico.


Hai unha característica moi importante da auga dos mares e os océanos, é auga salgada; Seguro que xa o sabedes todos porque cando vos bañades nas praias de Sada ou Gandarío, nalgún momento tragastes un pouco de auga, verdade? Estaba malísima e non se podía beber; Por tanto, a maior parte da auga da Terra non vale para beber nin tampouco para regar as plantas, por iso é tan importante coidar a auga das nosas fontes, ríos e lagos, a esta chamámola auga doce e con ela regamos as nosas plantas que despois comemos e bebemos nós e os animais, se non coidamos e aproveitamos moi ben esta pequena cantidade de auga doce ou potable que temos en Terra, non habería vida no noso planeta.


É verdade que a auga dos mares e océanos non a podemos beber nin nós nin os animais e plantas que viven na superficie da Terra; Pero nesta auga salgada hai moita vida, viven moitos animais e plantas que, do mesmo xeito que ocorre cos que habitamos na superficie da Terra, necesitan que o seu Medio Ambiente estea limpo e san; A nosa vida na Terra depende tamén de que a vida nos mares e océanos sexa sa e saudable. Se nós cos nosos malos costumes e comportamentos contaminamos a auga dos mares e océanos, acabaremos coa vida dos seus animais e plantas e isto tamén será malo para nós, todos dependemos de todos. Como xa explicamos en moitas ocasións, nós tamén podemos facer cousas sinxelas pero moi importantes para que isto non suceda, a máis importante: non deixar nin tirar lixo na praia ou no mar. Houbo persoas moi comprometidas co obxectivo de salvar os mares e océanos desta contaminación producida polo home e os seus abusos e dar a coñecer ao mundo o que estaba a pasar; Unha das personalidades máis destacadas e coñecida foi o francés Jacques Cousteau que abordo do seu buque "Calypso" percorreu os mares e océanos de todo o mundo mostrando coas súas fotos e vídeos o que estaba a ocorrer.


Hoxe traballaremos un pouco, que é luns e tivemos toda a fin de semana para descansar.

Para Lis, Elia, Blanca e Selene:



Para Borja, Jimena e Jaime:



Para Darío:



Como nos estamos afeccionando a facer manualidades e hoxe é o "Día dos Océanos", non nos podía faltar un barco para percorrelos que podedes facer cun cartón de leite:


E no noso percorrido, con semellante preciosidade de barco, atoparémonos cunha chea de animais mariños que podedes facer na casa:


E mentres traballamos, podemos escoitar esta canción para empezar moi animados a semana.


E como todos os luns, hoxe tamén nos toca clase de biblioteca, música e inglés, así que non vos esquezades de visitar os blogues

da profe Eva:

da profe María:


da profe Cova: 

Un bico bolboreta e ata maña! 









viernes, 5 de junio de 2020

Imos coidar ao noso planeta


Ola cuquiños! Hoxe é un día moi bonito e especial, é o "Día Mundial do Medio Ambiente".



Vós xa sabedes a que chamamos Medio Ambiente, todos os días en clase falamos diso dunha forma ou outra. O Medio Ambiente é onde vivimos e todo o que nos rodea: o aire que respiramos, a terra que pisamos, os bosques e os ríos que percorremos cando imos de paseo, as montañas que "escalamos" nas nosas excursións, o mar e as praias nas que nos bañamos, xogamos e tomamos o sol... En resumo, o Medio Ambiente é o noso planeta a Terra.



No cole explicamos moitas veces o importante que é manter o noso planeta san para que todos podamos vivir nel de maneira saudable, e digo todos, porque non só somos as persoas, tamén son os animais e as plantas.


Nós cos nosos hábitos e costumes podemos facer e contribuír moito a que todo isto sexa unha realidade.

Debemos coidar a nosa cidade, o noso pobo ou a nosa localidade, no noso caso Lubre, coma se fose a nosa casa e a nosa propia habitación; Debemos tirar o lixo nas papeleiras ou contedores correspondentes.


Cando volvamos xogar nos parques, ademais de contribuír a que estean limpos, debemos utilizar con respecto randeeiras, tobogáns, balancíns, ..., co mesmo coidado que temos en casa ou no colexio cos nosos xoguetes. Todo isto xa o sabiamos, pero é bo volver lembralo.


E hai unha palabra máxica en todo este proceso, RECICLAXE.


Sabemos perfectamente o que significa, volver utilizar moitas cousas e obxectos varias veces, así non xeramos tanto lixo e, ademais, aforramos diñeiro aos papás que estes traballan moito para que vós poidades vivir tan ben como facédelo. Podemos reutilizar a roupa dos nosos irmáns ou curmáns maiores, os xoguetes, os libros... Case todas as manualidades que vos propoño pódense facer con cartóns, papeis de envolver, caixas e moitas outras cousas que a maioría das veces tíranse ao lixo, case todo se pode reutilizar, só hai que ter imaxinación e darlle unha segunda oportunidade.


Hoxe non imos facer fichas, como é venres e temos toda a fin de semana por diante, imos facer xoguetes reciclando, aquí póñovos moitas ideas:









En https://www.amarilloverdeyazul.com/aprende-reciclar-jugando/ podedes ver como se fan e despois elixide e facedes as que máis vos gusten.

Terminamos con Peppa e o seu irmanciño George, que coñecen o que é un punto limpo e aprenden a reciclar:


Non vos esquezades que hoxe, venres, viría ao cole a profe Dolores, picade na foto para visitar o seu blogue:


Boa fin de semana! Un bico bolboreta e ata o luns!