martes, 24 de marzo de 2020

Flores na primavera



Bos días rapaces! Como foi a procura de flores polo xardín ou a terraza? Atopastes algunha que coñecésedes o nome?Xa sabedes que podemos preguntar aos papás. E os debuxos que tal vos saíron? no cole sempre dicimos que nisto da "Arte" non hai normas, todo o que fagades con ganas é bonito.
Hoxe tócanos debuxar dúas flores diferentes ás de onte. Cando terminemos, picámolas con punzón ou recortamos con tesoira e pegámolas en círculos de cartolina. Pola outra cara poñemos o nome da flor e os números 3 e 4.

Agora imos ver un vídeo para repasar as formas xeométricas que xa coñecemos:


As fichas que temos que facer hoxe serán colorear flores que están formadas por estas figuras: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo. Podemos utilizar diferentes técnicas: Pinturas de madeira, de cera, xices, acuarelas, o que prefirades. 






Se tedes moitas ganas de seguir traballando, podedes inventar vós vosas propias flores coas formas que aparecen no vídeo e así conseguiremos facer un xardín moi especial.
Os maiores (Darío, Jimena, Jaime e Borja) poden contar ao final cantas figuras de cada clase utilizaron para realizar o debuxo do xardín.

lunes, 23 de marzo de 2020

Chegou a primavera!




Ola nenos! que tal estamos? Empezamos semana e imos seguir traballando un pouco, así estaremos entretidos e pasarémolo ben.
O venres pasado empezou a primavera e case non nos demos conta; Chove, fai un pouco de frío e empezan a saír as flores.
Pois de flores van ir as actividades desta semana. Imos pintar moitas flores, pero non valen que sexan todas iguais. Hai moitas clases de flores diferentes, con formas e cores distintos. En clase vimos fotos de rosas, tulipans, hortensias, margaridas, calas, rododendros, azaleas e moitas máis; Pois como a maioría temos xardín, imos saír e con Mamá ou Papá buscaremos algunha destas flores e despois nós tentaremos debuxalas e colorealas.

Cada día, ao longo desta semana, temos que atopar dúas flores distintas, logo dentro de casa recortaremos dous círculos de cartolina de cores e pegaremos neles as flores que debuxamos e coloreamos, porque ao final desta semana faremos un móbil para colgar na nosa habitación, que xa vos explicarei o venres como o facemos.
Os que vivimos nun piso, como Jimena e Lis, miraremos nos contos que temos as flores que poden aparecer e, como os demais, elixiremos cada día as dúas que máis nos gusten e faremos o que dixen antes.
Cando teñamos preparados os diferentes círculos cos debuxos pegados por unha cara, na outra cara os nosos papás ou irmáns maiores teñen que poñer o nome da flor con puntiños e hoxe o número 1 e 2 en grande, mañá o serán o 3 e o 4 e así sucesivamente o resto de días da semana. Darío, isto non vai para ti, que ti xa sabes facer isto soiño e non necesitas que che axude ninguén.
Todos os días imos facer tamén algunha ficha relacionada coa primavera, hoxe empezamos con esta:





Un bico moi forte e despídome con esta canción da primavera:




Ata mañá! ☺

viernes, 20 de marzo de 2020

Imos alegrar este día!



Ola peques! Que tal o Día de Papá? Gustoulle o que lle fixestes de agasallo? Seguro que si. 

Hoxe é un día un pouco tristón, está nubrado e chove un pouco. Pois nós imos arranxalo. Acordádesvos do que explicamos en clase sobre a auga e que podiamos facer maxia con ela: se a quentamos faciamos nubes, se a arrefriamos faciamos xeo e se saía o sol e estaba a chover, ao pasar un raio de sol a través das pingas de auga, aparecía o arco da vella. 

Pois nós imos pintar un arco da vella. Temos dúas fichas, podedes elixir unha ou tamén facer as dúas. Podémolas facer con pintura de dedo, con pinturas de cera ou con acuarelas, se nos axudan un pouco. Lembrar que as sete cores do arco da vella son: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul celeste, azul escuro ou añil e violeta ou morado. É importante que estean pintados por esta orde!

Cando terminemos o noso precioso arco da vella, podémolo colocar nunha xanela e así, ademais de velo nós, poderano ver os veciños para estar todos alegres.










Para acabar as tarefas do día, póñovos un vídeo para que aprendades as cores e como podemos facer as fichas:




miércoles, 18 de marzo de 2020

Chega o día de Papá


Que tal ruliños? Como estamos na casa? Hoxe ímonos a esquecer do ditoso coronavirus e centrarémonos en Papá. Mañá xoves é o seu día e temos que facerlle un agasallo, pódenos axudar Mamá, pero ten que ser un secreto ata mañá. Como non podemos facer o que tiñamos pensado no cole (aunque o imos facer máis adiante), faremos unhas fichas e unhas manualidades tamén. Lembrar que temos que esforzarnos moito para que nos quede ben e se non sae á primeira, non pasa nada, repetimos e volvémolo a tentar.


Podemos facer a ficha que máis nos guste, pero se queredes facer as dúas, tampouco pasa nada. Quen teña rotuladores de brilli brilli, pódeos utilizar todo o que queira, a ficha tennos que quedar preciosa! Lembrar que hai que gardalas para levalas ao cole e velas entre todos. Xa veredes o ben que o imos a pasar!



Cando fagamos esta ficha, ademais de colorear, hai que debuxar a cara de Papá no oco que queda abaixo á esquerda. Cando Papá non se dea conta, mirádeslle moi ben á cara e, despois, debuxádelo onde vos dixen. Ten que parecer case a foto de Papá.


Agora toca as manualidades; Isto é o que imos regalar a Papá: decorar, colorear e recortar estas gravatas como queirades. Podedes utilizar gomets, facer debuxos, colorear con brilli brili... O que a vós gústevos máis e elixades para que queden moi bonitas. Pero o traballo non termina aquí, cando a gravata estea terminada, pedimos un folio a Mamá e volvemos pintar a cara de Papá en grande. Que non lle falte nada: os ollos, o pelo, o nariz, as orellas, a boca e, moi importante, o pescozo, onde lle colocaremos a gravata ao debuxo de Papá. Veña artistas, xa estamos a empezar a traballar que vos vai a quedar xenial e veredes que sorpresón leva mañá Papá!





E para terminar, poñédeslle este vídeo e se vos aprendedes algunha estrofa poderedes cantar vós tamén e seguro que a Papá vaille encantar!



Por hoxe xa temos moito que facer. Un bico moi grande e lembrar que ata o luns temos vacacións pola ponte do Día do Pai, así que aproveitar para darlle moitos bicos e xogar co mellor Papá do mundo mundial!

martes, 17 de marzo de 2020

Por que temos que quedarnos na casa?



A ficha que tedes que facer hoxe será pintar e colorear cada un de vós a vosa casa.

Por que non podemos saír á rúa e temos que quedarnos na casa? Porque a nosa casa é o sitio máis seguro e se nos lavamos as mans moitas veces ao día, o coronavirus terá moi difícil entrar e quedar. É moi fácil facelo e non o debemos esquecer. Teno que facer toda a familia e vós tedes que lembrarllo. Borja, Jaime e Elia, lembrar que Mamá tamén llo faga a Carmen, Aurora, Izan e Gael. Lis, ti tamén llo terás que lembrar a Mamá cando naza Aarón dentro duns días. Aínda que xa sabedes que con nenos fortes e que comen san como vós, o coronavirus non pode.

Agora imos ver un vídeo para que vexades o fácil e importante que é o lavado de mans:


Agora imos facer un experimento: Imaxinaremos que o po de pementa son os virus na auga e imos ver como co xabón escapan. É moi fácil facelo e ídesvolo a pasar moi ben con Mamá e Papá.





lunes, 16 de marzo de 2020

Por que non imos estes días ao cole?



Ola Darío, Jimena, Borja, Jaime, Elia, Lis, Blanca e Selene! Xa sabedes que non hai cole, pero non son vacacións, estamos na casa por culpa do coronavirus e imos estar aínda algúns días máis. En clase xa falamos do que eran os virus e que o coronavirus é un pouco especial. Os científicos e os médicos aínda non o coñecen moi ben, pero non vos preocupedes porque eles, igual que nós, son moi traballadores e deica pouco van coñecer todos os seus segredos e acabarase o problema. Mentres tanto, imos ver o seguinte vídeo que nos aclarará todas as dúbidas que podamos ter:



                                         https://www.youtube.com/watch?v=prHuClGHtmY


Agora imos traballar nós. Imos debuxar ao coronavirus e despois ímolo a colorear como vós queirades. Acordarvos que a cara ten que ser de malo porque se nos contaxia, podemos poñernos enfermos. Tedes que gardar a ficha para levala ao cole e podela ver entre todos.


lunes, 5 de septiembre de 2016

Inicio do Curso 2016-2017



Curso 2016-2017


O comezo das clases terá lugar o vindeiro luns
12 de setembro.

En horario de 9:00h a 14:00h.

A reunión de pais terá lugar o mércores 7 de setembro de 2016 as 18:30h no Centro Social de Lubre (Primeiro trataremos do problema de seguridade da escola e buscaranse posibles opcións e solucións. Despois terá lugar a reunión de principio de curso)





A profe Ana



HORARIO PARA O CURSO 2016-2017 DA AULA DE LUBRE


Horario
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9h
E.I.
Apoio Eva
E.F.
INGLÉS
E.I.
E.I.
10h
E.I.
Biblioteca
E.I.
E.I.
E.I.
E.I.
Apoio Livia
11h
E.I.
Recreo
E.I.
Recreo
E.I.
Recreo
E.I.
Recreo
Recreo 
Livia
12h
MÚSICA
E.I.
E.I.
E.I.
E.I.
13h
INGLÉS
E.I.
E.I.
Relixión
E.F.
E.I.

Relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2016-2017.

Libros de texto:

Curso
e
etapa
Área
Materia
Ámbito
Módulo
Título, autor, editorial e ano de
publicación

ISBN
Lingua
da
Edición
4º E.I.
Globalizado
Papeliños 3 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
9788499141152
Galego/Castelán
5º E.I.
Globalizado
Papeliños 4 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
9788499141237
Galego/Castelán
6º E.I.
Globalizado
Papeliños 5 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
9788499141282
Galego/Castelán


Material escolar:

• 500 folios blancos.