martes, 24 de marzo de 2020

Flores na primavera



Bos días rapaces! Como foi a procura de flores polo xardín ou a terraza? Atopastes algunha que coñecésedes o nome?Xa sabedes que podemos preguntar aos papás. E os debuxos que tal vos saíron? no cole sempre dicimos que nisto da "Arte" non hai normas, todo o que fagades con ganas é bonito.
Hoxe tócanos debuxar dúas flores diferentes ás de onte. Cando terminemos, picámolas con punzón ou recortamos con tesoira e pegámolas en círculos de cartolina. Pola outra cara poñemos o nome da flor e os números 3 e 4.

Agora imos ver un vídeo para repasar as formas xeométricas que xa coñecemos:


As fichas que temos que facer hoxe serán colorear flores que están formadas por estas figuras: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo. Podemos utilizar diferentes técnicas: Pinturas de madeira, de cera, xices, acuarelas, o que prefirades. 






Se tedes moitas ganas de seguir traballando, podedes inventar vós vosas propias flores coas formas que aparecen no vídeo e así conseguiremos facer un xardín moi especial.
Os maiores (Darío, Jimena, Jaime e Borja) poden contar ao final cantas figuras de cada clase utilizaron para realizar o debuxo do xardín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario