miércoles, 18 de marzo de 2020

Chega o día de Papá


Que tal ruliños? Como estamos na casa? Hoxe ímonos a esquecer do ditoso coronavirus e centrarémonos en Papá. Mañá xoves é o seu día e temos que facerlle un agasallo, pódenos axudar Mamá, pero ten que ser un secreto ata mañá. Como non podemos facer o que tiñamos pensado no cole (aunque o imos facer máis adiante), faremos unhas fichas e unhas manualidades tamén. Lembrar que temos que esforzarnos moito para que nos quede ben e se non sae á primeira, non pasa nada, repetimos e volvémolo a tentar.


Podemos facer a ficha que máis nos guste, pero se queredes facer as dúas, tampouco pasa nada. Quen teña rotuladores de brilli brilli, pódeos utilizar todo o que queira, a ficha tennos que quedar preciosa! Lembrar que hai que gardalas para levalas ao cole e velas entre todos. Xa veredes o ben que o imos a pasar!



Cando fagamos esta ficha, ademais de colorear, hai que debuxar a cara de Papá no oco que queda abaixo á esquerda. Cando Papá non se dea conta, mirádeslle moi ben á cara e, despois, debuxádelo onde vos dixen. Ten que parecer case a foto de Papá.


Agora toca as manualidades; Isto é o que imos regalar a Papá: decorar, colorear e recortar estas gravatas como queirades. Podedes utilizar gomets, facer debuxos, colorear con brilli brili... O que a vós gústevos máis e elixades para que queden moi bonitas. Pero o traballo non termina aquí, cando a gravata estea terminada, pedimos un folio a Mamá e volvemos pintar a cara de Papá en grande. Que non lle falte nada: os ollos, o pelo, o nariz, as orellas, a boca e, moi importante, o pescozo, onde lle colocaremos a gravata ao debuxo de Papá. Veña artistas, xa estamos a empezar a traballar que vos vai a quedar xenial e veredes que sorpresón leva mañá Papá!





E para terminar, poñédeslle este vídeo e se vos aprendedes algunha estrofa poderedes cantar vós tamén e seguro que a Papá vaille encantar!



Por hoxe xa temos moito que facer. Un bico moi grande e lembrar que ata o luns temos vacacións pola ponte do Día do Pai, así que aproveitar para darlle moitos bicos e xogar co mellor Papá do mundo mundial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario