miércoles, 18 de marzo de 2020

Chega o día de Papá


Que tal ruliños? Como estamos na casa? Hoxe ímonos a esquecer do ditoso coronavirus e centrarémonos en Papá. Mañá xoves é o seu día e temos que facerlle un agasallo, pódenos axudar Mamá, pero ten que ser un secreto ata mañá. Como non podemos facer o que tiñamos pensado no cole (aunque o imos facer máis adiante), faremos unhas fichas e unhas manualidades tamén. Lembrar que temos que esforzarnos moito para que nos quede ben e se non sae á primeira, non pasa nada, repetimos e volvémolo a tentar.


Podemos facer a ficha que máis nos guste, pero se queredes facer as dúas, tampouco pasa nada. Quen teña rotuladores de brilli brilli, pódeos utilizar todo o que queira, a ficha tennos que quedar preciosa! Lembrar que hai que gardalas para levalas ao cole e velas entre todos. Xa veredes o ben que o imos a pasar!



Cando fagamos esta ficha, ademais de colorear, hai que debuxar a cara de Papá no oco que queda abaixo á esquerda. Cando Papá non se dea conta, mirádeslle moi ben á cara e, despois, debuxádelo onde vos dixen. Ten que parecer case a foto de Papá.


Agora toca as manualidades; Isto é o que imos regalar a Papá: decorar, colorear e recortar estas gravatas como queirades. Podedes utilizar gomets, facer debuxos, colorear con brilli brili... O que a vós gústevos máis e elixades para que queden moi bonitas. Pero o traballo non termina aquí, cando a gravata estea terminada, pedimos un folio a Mamá e volvemos pintar a cara de Papá en grande. Que non lle falte nada: os ollos, o pelo, o nariz, as orellas, a boca e, moi importante, o pescozo, onde lle colocaremos a gravata ao debuxo de Papá. Veña artistas, xa estamos a empezar a traballar que vos vai a quedar xenial e veredes que sorpresón leva mañá Papá!





E para terminar, poñédeslle este vídeo e se vos aprendedes algunha estrofa poderedes cantar vós tamén e seguro que a Papá vaille encantar!



Por hoxe xa temos moito que facer. Un bico moi grande e lembrar que ata o luns temos vacacións pola ponte do Día do Pai, así que aproveitar para darlle moitos bicos e xogar co mellor Papá do mundo mundial!

martes, 17 de marzo de 2020

Por que temos que quedarnos na casa?



A ficha que tedes que facer hoxe será pintar e colorear cada un de vós a vosa casa.

Por que non podemos saír á rúa e temos que quedarnos na casa? Porque a nosa casa é o sitio máis seguro e se nos lavamos as mans moitas veces ao día, o coronavirus terá moi difícil entrar e quedar. É moi fácil facelo e non o debemos esquecer. Teno que facer toda a familia e vós tedes que lembrarllo. Borja, Jaime e Elia, lembrar que Mamá tamén llo faga a Carmen, Aurora, Izan e Gael. Lis, ti tamén llo terás que lembrar a Mamá cando naza Aarón dentro duns días. Aínda que xa sabedes que con nenos fortes e que comen san como vós, o coronavirus non pode.

Agora imos ver un vídeo para que vexades o fácil e importante que é o lavado de mans:


Agora imos facer un experimento: Imaxinaremos que o po de pementa son os virus na auga e imos ver como co xabón escapan. É moi fácil facelo e ídesvolo a pasar moi ben con Mamá e Papá.





lunes, 16 de marzo de 2020

Por que non imos estes días ao cole?



Ola Darío, Jimena, Borja, Jaime, Elia, Lis, Blanca e Selene! Xa sabedes que non hai cole, pero non son vacacións, estamos na casa por culpa do coronavirus e imos estar aínda algúns días máis. En clase xa falamos do que eran os virus e que o coronavirus é un pouco especial. Os científicos e os médicos aínda non o coñecen moi ben, pero non vos preocupedes porque eles, igual que nós, son moi traballadores e deica pouco van coñecer todos os seus segredos e acabarase o problema. Mentres tanto, imos ver o seguinte vídeo que nos aclarará todas as dúbidas que podamos ter:



                                         https://www.youtube.com/watch?v=prHuClGHtmY


Agora imos traballar nós. Imos debuxar ao coronavirus e despois ímolo a colorear como vós queirades. Acordarvos que a cara ten que ser de malo porque se nos contaxia, podemos poñernos enfermos. Tedes que gardar a ficha para levala ao cole e podela ver entre todos.


lunes, 5 de septiembre de 2016

Inicio do Curso 2016-2017



Curso 2016-2017


O comezo das clases terá lugar o vindeiro luns
12 de setembro.

En horario de 9:00h a 14:00h.

A reunión de pais terá lugar o mércores 7 de setembro de 2016 as 18:30h no Centro Social de Lubre (Primeiro trataremos do problema de seguridade da escola e buscaranse posibles opcións e solucións. Despois terá lugar a reunión de principio de curso)





A profe Ana



HORARIO PARA O CURSO 2016-2017 DA AULA DE LUBRE


Horario
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9h
E.I.
Apoio Eva
E.F.
INGLÉS
E.I.
E.I.
10h
E.I.
Biblioteca
E.I.
E.I.
E.I.
E.I.
Apoio Livia
11h
E.I.
Recreo
E.I.
Recreo
E.I.
Recreo
E.I.
Recreo
Recreo 
Livia
12h
MÚSICA
E.I.
E.I.
E.I.
E.I.
13h
INGLÉS
E.I.
E.I.
Relixión
E.F.
E.I.

Relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2016-2017.

Libros de texto:

Curso
e
etapa
Área
Materia
Ámbito
Módulo
Título, autor, editorial e ano de
publicación

ISBN
Lingua
da
Edición
4º E.I.
Globalizado
Papeliños 3 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
9788499141152
Galego/Castelán
5º E.I.
Globalizado
Papeliños 4 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
9788499141237
Galego/Castelán
6º E.I.
Globalizado
Papeliños 5 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
9788499141282
Galego/Castelán


Material escolar:

• 500 folios blancos.

martes, 1 de marzo de 2016

Decembro 2015. Curso 2015-2016


En decembro chegou o Nadal a Lubre, e co Nadal tivemos moitas visitas na nosa escola.

A primeira semana do mes visitáronnos os nenos da escola de Silvoso.






Uns días despois visitounos o Pandigueiro. Este ano trouxo moitas cousas para ensinarnos: o instrumento para cociñar as castañas nas cacharelas, os xoguetes cos que xogaban os nenos hai moitos moitos moitos anos,  fotos cos animais que viven nos bosques, froitas, etc. 
Aprendemos mo e pasámolo en grande cos xoguetes antiguos. 
Moitas grazas por un día tan estupendo Pandigueiro!!



Tamén traballamos moito na clase e fixemos moitas actividades de Nadal, como as tarxetas para a árbore de Nadal que fixemos coa profe Eva.



Con tanto traballar, temos que repoñer forzas e as tortillas que tróuxonos una nai estaban boísimas!!



E despedimos o primeiro trimestre coa visita das súas Maxestades Os Reis Magos

https://www.youtube.com/watch?v=IRvRBGo5YoE

E coa festa polo cumpre de Amine.



Novembro 2015. Curso 2015-2016



En novembro aprendemos moitas cousas sobre o outono e fiexemos unha chea de actividades moi chulas con esta temática.



Gústanos moito traballar facendo actividades sobre moitos temas diferentes, pero outra cousa que nos encanta son os contos e coa profe Eva pasámolo moi ben!




Outubro 2015. Curso 2015-2016



O 1 de outubro comezamos as clases cos mestres especialistas.







En outubro empezamos a traballar moito, pero tamén tivemos tempo para pasalo moi ben e celebrar festas.

A primeira festa que celebramos foi polo cumpre de Alicia.



A finais de outubro a clase enchéusenos de morcegos, pantasmas e cabazas para celebrar o Samaín.



E o último día de clase de outubro fixemos unha saída e pasamos o día de excursión celebrando o Magosto.