domingo, 31 de agosto de 2014

David e Adrián fixéronse maiores




Este ano vanse da escola Adrián e David, e o seguinte vídeo vai dedicado aos que foron os seus mellores momentos na escola de Lubre nestes tres anos de E.I.


Moita sorte na vosa nova etapa escolar no Cruz do Sar! 

Un biquiño moi grande!

Curso 2013-14. Xuño

Ante a chegada do fin de curso, empezamos a preparar o mural para levar á visita ao Cruz do Sar. Este ano o tema era Lubre e todos nós debuxamos as nosas casas e así compuxemos o noso particular mapa de Lubre.




Como todos os anos polo final de curso, fomos de visita ao Cruz do Sar e o pasamos moi ben vendo as clases dos nenos maiores, as actuacións no teatro e as exposicións. e rematamos a visita comendo unha comida moi rica no comedor dos nenos maiores.




Os últimos días de clase foron de moita trasfega facendo moitas fichas e rematando os cadernos.




E rematamos o curso cunha festa de cumpreanos. O 20 de xuño, á vez que festexabamos o último día do curso, celebramos que óscar cumpría 4 anos cunha festa moi divertida.

Curso 2013-14. Maio

O último trimestre estivo dedicado a coñecer Bergondo.



Fomos de excursión por Lubre a ver a igrexa e o cruceiro.



Viño a visitarnos Alejandra, a alcaldesa de Bergondo.



E tamén tivemos a visita dos nenos da escola de Silvoso e dos rapaces de CPAP, éstes últimos trouxéronnos como regalo unha bolboreta e unha pantera rosa feitas por eles que eran unha pasada!



Curso 2013-14. Abril

Comezamos o mes cunha festa de cumpreanos, o 7 de abril festexamos que Claudia e Celia cumprían 5 anos.



O 11 de abril déronnos as vacacións de Semana Santa.



Á volta das vacacións, Claudia e Celia trouxéronnos un regalo sorpresa das súas vacacións en León, unhas galletas de papones de chocolate!



Fomos bombeiros por un día coa visita de Protección Civil de Bergondo á escola.



Tamén tivemos a visita da Policía Local e aprendimos as sinais e normas de tráfico.



E rematamos o mes igual que o comezamos, con outra festa de cumpreanos, o 28 de abril celebramos que Noelia cumpría 5 anos.




Curso 2013-14. Marzo

O segundo trimestre estivo dedicado a aprender cousas de Sudamérica, e para aprender máis cousas deses países visitounos Lía, que contounos un montón de cousas interesantes da selva e do Amazonas.



A finais de mes, o 24 de abril, celebramos que David cumpría 6 anos cunha festa moi divertida.

Curso 2013-14. Febreiro

Empezamos o mes explotando a nosa creatividade pintando con acuarelas.



Pero sen dúbida ningunha, o máis divertido do mes foi celebrar o entroido. Este ano o celebramos durante unha semana enteira, cada día levabamos un accesorio diferente (lentes, gravatas, gorros) e o último día xa lucimos os nosos fantásticos disfraces na festa de entroido que fixemos na escola.


Curso 2013-14. Xaneiro

En xaneiro voltamos ás clases e ás nosas actividades, unha que nos gusta moito é pintar coa pintura de dedos porque é moi divertido.



A finais de mes celebramos o Día da Paz, este ano dedicado aos dereiros da infancia, e para a visita ao centro fixemos un mural coa nosa escola de protagonista que quedounos moi chulo.