Este ano vanse da escola Adrián e David, e o seguinte vídeo vai dedicado aos que foron os seus mellores momentos na escola de Lubre nestes tres anos de E.I.
Ante a chegada do fin de curso, empezamos a preparar o mural para levar á visita ao Cruz do Sar. Este ano o tema era Lubre e todos nós debuxamos as nosas casas e así compuxemos o noso particular mapa de Lubre.
Como todos os anos polo final de curso, fomos de visita ao Cruz do Sar e o pasamos moi ben vendo as clases dos nenos maiores, as actuacións no teatro e as exposicións. e rematamos a visita comendo unha comida moi rica no comedor dos nenos maiores.
Os últimos días de clase foron de moita trasfega facendo moitas fichas e rematando os cadernos.
E rematamos o curso cunha festa de cumpreanos. O 20 de xuño, á vez que festexabamos o último día do curso, celebramos que óscar cumpría 4 anos cunha festa moi divertida.
O último trimestre estivo dedicado a coñecer Bergondo.
Fomos de excursión por Lubre a ver a igrexa e o cruceiro.
Viño a visitarnos Alejandra, a alcaldesa de Bergondo.
E tamén tivemos a visita dos nenos da escola de Silvoso e dos rapaces de CPAP, éstes últimos trouxéronnos como regalo unha bolboreta e unha pantera rosa feitas por eles que eran unha pasada!
O segundo trimestre estivo dedicado a aprender cousas de Sudamérica, e para aprender máis cousas deses países visitounos Lía, que contounos un montón de cousas interesantes da selva e do Amazonas.
Empezamos o mes explotando a nosa creatividade pintando con acuarelas.
Pero sen dúbida ningunha, o máis divertido do mes foi celebrar o entroido. Este ano o celebramos durante unha semana enteira, cada día levabamos un accesorio diferente (lentes, gravatas, gorros) e o último día xa lucimos os nosos fantásticos disfraces na festa de entroido que fixemos na escola.
En xaneiro voltamos ás clases e ás nosas actividades, unha que nos gusta moito é pintar coa pintura de dedos porque é moi divertido.
A finais de mes celebramos o Día da Paz, este ano dedicado aos dereiros da infancia, e para a visita ao centro fixemos un mural coa nosa escola de protagonista que quedounos moi chulo.