lunes, 12 de mayo de 2014

Curso 2013-14. Novembro



Chegou novembro e seguimos tendo un montón de actividades na escola. Unha actividade que nos gusta moito é pintar con acuarelas, no seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos pintando.


                                 https://www.youtube.com/watch?v=9Jkfa7giLYE



Este mes tivemos a visita de Monkey e Cheeky Monkey e que viñeron a visitarnos e contarnos todas as súas últimas aventuras.





Rematando o mes, o 25 de novembro, celebramos o cumpre de Martina e ese día pasámolo moi ben.









miércoles, 7 de mayo de 2014

Curso 2013-14. Outubro




A principios de outubro tivemos varias visitas na escola. A primeira visita foi a do avó de Martina, que nos contou moitas cousas das súas viaxes por Italia co seu camión, así coñecemos moitos sitios e costumes dese marabilloso país.

                                            https://www.youtube.com/watch?v=rQtg5uHHlRo


Eses días tamén tivemos a visita de Alba. Cando era pequena como nós, foi á nosa escola e, como agora xa é maior, veu a pasar un día connosco e foi a nosa profe por un día.




Eses días tamén tivemos tempo para as primeiras festas de aniversario, o 7 de outubro celebramos o cumpre de Diego.




E unha semana despois, o 14 de outubro, celebramos o cumpre de Alicia.


Co paso das semanas e a chegada do outono, empezaron os preparativos para o magosto. Tamén aprendemos que o outono ten un montón de froita propia desa tempada, coñecendo os seus nomes, as súas texturas, olores e sabores.


Ao finalizar outubro a escola encheuse de arañas, fantasmas, esqueletos e morcegos... Todo para celebrar a chegada de Halloween ou, como dicimos aquí en Galicia, o Samaín.



Para celebrar o Samaín fomos de visita ao cole dos maiores, ao Cruz do Sar, onde vimos unha obra de teatro, a exposición de cabazas e comemos castañas asadas do magosto.



lunes, 5 de mayo de 2014

Curso 2013-14. Setembro

Xa estamos na recta final do curso. Aínda nos queda moito por facer en maio e xuño. Pero antes imos ver todo o que fixemos durante o primeiro e segundo trimestre.

Empecemos polo principio, o día 11 de setembro, foi o primeiro día de clase, un día de reencontros e de coñecer os novos compañeiros.

                   https://www.youtube.com/watch?v=00PX-Gj08A4

A volta ao cole foi moi divertida, xogando moito no recreo, empezando a traballar e aprendendo un montón facendo fichas e demais actividades.

                     https://www.youtube.com/watch?v=ojjZpYrWP68

Rematando o mes de setembro, Adrián tróuxonos cabaciñas e outros froitos da súa horta para ensinarnos os vexetais que podemos comer nesta época do ano.

                    https://www.youtube.com/watch?v=rOpjtZ3MDpI

miércoles, 4 de septiembre de 2013




Inicio do Curso 2013-2014


O próximo mércores, día 11 de setembro, comezan as clases en horario de 9:00 a 14:00 horas.


Nota: O venres de 13 setembro teremos a reunión de pais a partir das 14:00 horas.





Os libros para este curso escolar son os seguintes:

Curso
e
etapa
Área
Materia
Ámbito
Módulo

Título, autor, editorial e ano de publicación

ISBN
Lingua
da
Edición

4º E.I.

Globalizado
Papeliños 3 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010

9788499141152

Galego

5º E.I.

Globalizado
Papeliños  4 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010

9788499141237

Galego

6º E.I.

Globalizado
Papeliños 5 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010

9788499141282

Galego
5º e 6º E.I.

Inglés
CHEEKY MONKEY 1
Pupil´s book
Editorial Macmillan

9780230011427

Inglés






domingo, 23 de junio de 2013

Actividades do Terceiro Trimestre



Algunha das actividades máis divertidas do último trimestre deste curso foi a visita do equipo de Protección Civil de Bergondo á nosa escola, na que o pasamos moi ben, aprendemos moito, ensináronnos os seus equipos e uniformes e ata fomos bombeiros por un día!!




Outra actividade moi bonita e divertida foi montar e adornar o noso propio maio con flores de papel feitas coas nosas mans... foi a mellor forma de celebrar a primavera!!

                                     





jueves, 6 de junio de 2013

Festas de Cumpreanos







Dende mediados de marzo na escola tivemos un montón de festas de cumpreanos, co que a recta final do curso se nos fixo do máis amena e divertida.

O 15 de marzo celebramos o cumpre de Navia

                                                        http://youtu.be/40m0I4SzUlc


 


Á volta das vacacións de Semana Santa, o 2 de abril, celebramos o cumpre de David; Iso si que foi unha boa e divertida volta á escola!!   ;)

                                          http://youtu.be/JEW33wwv_QE



Á semana seguinte, o 8 de abril, celebramos o cumpreanos de Celia e Claudia

                                http://youtu.be/sVa6bzpG2FY

                                    


E xa a finais de abril, o día 22, celebramos o cumpre de Noelia

                               http://youtu.be/y20EAzIvaUE

                                   



E por este curso, rematan as festas de cumpreanos en Lubre... En setembro volveremos empezar;)


jueves, 21 de marzo de 2013

FEBREIRO



En febreiro, o acontecemento máis importante que tivemos foi a festa do Antroido. Ese día disfrazámonos e comemos as larpeiradas típicas destas festas. Tamén fixemos un gran baile de disfraces no que había todo tipo de personaxes bailando e pasádoo moi ben: fadas, bruxas, princesas, monstros, superheroes, piratas, etc. Foi un día moi divertido e emocionante para todos nós!!!