Hoxe éa noite máismáxicado ano. Pola tarde os Reis Magos pasearon pola cidade saudando aos nenos cargaditos de agasallos e repartindo caramelos.De voltada cabalgata, os nenosterán que irpara a cama cedo,despoisde prepararo leitee galletaspara osreis eauga para os camelos, que teñen querecuperar os folgosnestalonga noite repartindo os presentes nosfogares dosnenos que foronbósdurante todo o ano. Mañá os nenos espertaránfelices dever todos osseus agasallos. Así que mañá a disfrutar moito e que teñades un feliz día de Reis!!!
O vídeo de hoxe vai dedicado a visita do Apalpador á Escola de Lubre. Antes de que chegaran as vacacións de Nadal, viñeron a visitarnos o Apalpador coas profes Eva e Alicia. O Apalpador ou Pandigueiro é un xigante carboeiro que baixa a noite do 31 de decembro para visitar aos nenos, tocándolles os bandullos para ver se comeron de abondo durante o ano, deixándolles unha morea de castañas e noces, regalos e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura. Esta e unha paixoliña que podemos cantar a noite do 31 de decembro cando veña o Apalpador a visitarnos as nosas casa:
Hoxe comezan as celebracións do Nadal. Todos nos reuniremos coas nosas familias para xantar, cantar paixoliñas e rir todos xuntos. Esta é unha noite para compartir cos seres queridos. Pero na Escola de Lubre ó longo de todo decembro estivemos a celebrar o Nadal e con seguinte vídeo queremos desexarvos unhas moi felices festas e que de paso veades todas as cosas que fixemos.
O xoves 22 de novembro tivemos outra festa na Escola de Lubre, esta vez festexamos que Martina cumpría 3 aniños; Coma sempre o pasamos moi ben, bailamos, comimos chuches e tarta que nos trouxeron a nai e a avoa de Martina e a nai de Martina pintounos a cara cunhas pinturas especiais e estabamos moi moi guapos!!
O mércores da semana pasada celebramos na clase o cumple de Fernando; Comimos chuches e chocolate, o pasamos moi ben todos xuntos no seu quinto cumpreanos e ata o polbo Cristobo se nos uniu á festa xa que non quería perderse nada dela!! ;) Espero que os guste o vídeo... Ata a próxima ;) Biquiños!
Este outono xa fixemos moitas cousas. Fumos a casa de Diego a ver unha ovelliña que acababa de nacer, recollimos castañas no campo, comimos os frutos do outono e fixemos xoguetes e colares con eles; Visitamos o cole dos nenos maiores para ver unha obra de teatro, ir a unha festa polo Samaín e comer castañas no Magosto; E na nosa escola tamén fixemos a nosa pequena festa na que, como veredes no vídeo, bailamos moito e o pasamos en grande!!
O pasado vernes, 5 de outubro, celebramos na clase o cumple de Diego, que cumplía 3 aniños, e aquí tedes un vídeo do ben que o pasamos ese día http://youtu.be/FugT3Jlb_aE