sábado, 5 de enero de 2013

Noite de Reis


Hoxe é a noite máis máxica do ano. Pola tarde os Reis Magos pasearon pola cidade saudando aos nenos  cargaditos de agasallos e repartindo caramelos. De volta da cabalgata, os nenos terán que ir para a cama cedo, despois de preparar o leite e galletas para os reis e auga para os camelos, que teñen que recuperar os folgos nesta longa noite repartindo os presentes nos fogares dos nenos que foron bós durante todo o ano.
Mañá os nenos espertarán felices de ver todos os seus agasallos. Así que mañá a disfrutar moito e que teñades un feliz día de Reis!!!


http://youtu.be/07-HiTIoAgA
N

miércoles, 26 de diciembre de 2012

O Apalpador


O vídeo de hoxe vai dedicado a visita do Apalpador á Escola de Lubre.

Antes de que chegaran as vacacións de Nadal, viñeron a visitarnos o Apalpador coas profes Eva e Alicia.

O Apalpador ou Pandigueiro é un xigante carboeiro que baixa a noite do 31 de decembro para visitar aos nenos, tocándolles os bandullos para ver se comeron de abondo durante o ano, deixándolles unha morea de castañas e noces, regalos e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

Esta e unha paixoliña que podemos cantar a noite do 31 de decembro cando veña o Apalpador a visitarnos as nosas casa:

Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Hoy es día de Navidad,
día de Nuestro Señor
id corriendo a la camita
que va a venir el Apalpador.
·············
Hoy es día de Navidad
vete niñito a la camita,
que va a venir el Apalpador
a palparte la barriguita.
·············
Hoy es día de Navidad,
que habrá una gran nevada,
y vendrá el Apalpador
con un montón de castañas.
·············
Por aquel bosque,
que ya ven alumbrando,
el señor Apalpador
para daros el aguinaldo.

http://youtu.be/8r4pnqCX2AA

lunes, 24 de diciembre de 2012

Feliz Noiteboa!!



Hoxe comezan as celebracións do Nadal. Todos nos reuniremos coas nosas familias para xantar, cantar paixoliñas e rir todos xuntos. Esta é unha noite para compartir cos seres queridos. Pero na Escola de Lubre ó longo de todo decembro estivemos a celebrar o Nadal e con seguinte vídeo queremos desexarvos unhas moi felices festas e que de paso veades todas as cosas que fixemos.

BO NADAL!!!!

http://www.youtube.com/watch?v=xLnkrX4FT1A

viernes, 7 de diciembre de 2012

Cumple de Martina



O xoves 22 de novembro tivemos outra festa na Escola de Lubre, esta vez festexamos que Martina cumpría 3 aniños; Coma sempre o pasamos moi ben, bailamos, comimos chuches e tarta que nos trouxeron a nai e a avoa de Martina e a nai de Martina pintounos a cara cunhas pinturas especiais e estabamos moi moi guapos!!



http://youtu.be/cs3WgUy20lE

viernes, 16 de noviembre de 2012

Cumple de Fernando


O mércores da semana pasada celebramos na clase o cumple de Fernando; Comimos chuches e chocolate, o pasamos moi ben todos xuntos no seu quinto cumpreanos e ata o polbo Cristobo se nos uniu á festa xa que non quería perderse nada dela!!  ;)

Espero que os guste o vídeo... Ata a próxima  ;)
Biquiños!


http://youtu.be/3DnP3SDZx_8

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Outono, Magosto e Samain





Este outono xa fixemos moitas cousas. Fumos a casa de Diego a ver unha ovelliña que acababa de nacer, recollimos castañas no campo, comimos os frutos do outono e fixemos xoguetes e colares con eles; Visitamos o cole dos nenos maiores para ver unha obra de teatro, ir a unha festa polo Samaín e comer castañas no Magosto; E na nosa escola tamén fixemos a nosa pequena festa na que, como veredes no vídeo, bailamos moito e o pasamos en grande!! 

http://youtu.be/lbCnjgDN5zQ



lunes, 15 de octubre de 2012

Cumple Diego 3 anos




O pasado vernes, 5 de outubro, celebramos na clase o cumple de Diego, que cumplía 3 aniños, e aquí tedes un vídeo do ben que o pasamos ese día


http://youtu.be/FugT3Jlb_aE