domingo, 22 de mayo de 2011

VISITA Á SENRA E INCOART

Aquí tedes unha pequena mostra da saída do pasado venres. Esperamos que vos guste!!
Visita á Senra e INCOART on PhotoPeach

jueves, 19 de mayo de 2011

Saída ao Pazo da Ópera

 A  viaxe de onte á Coruña foi xenial, aínda que algunha acabou un pouco cansadiña... Aquí tedes as fotos da viaxe no bus. Mirade que guap@s!!







lunes, 4 de abril de 2011

Preséntovos aos alumnos do curso 2010/2011!!

Benvidos á Escola de Lubre!!

A unidade de Lubre está situada no lugar de Ruadalama, na parroquia de Lubre. Pola súa situación benefíciase das vantaxes dos núcleos urbanos próximos (Sada, Betanzos e A Coruña), pero ó mesmo tempo segue mantendo o seu espírito rural, o que se manifesta na educación dos rapaces.
   O centro escolar atópase nunha finca duns 900 metros cadrados, completamente illada con dous peches, un para peóns e outro para automóviles. O edificio principal, de planta rectangular, duns 110 metros cadrados consta de dúas aulas, unha de traballo e outra de lecer, ámbalas dúas comunicadas por unha ampla porta de dúas follas. Os dous cuartos teñen porta independente de entrada dende o exterior e dispoñen de luz natural grazas a que contan cada unha delas con tres amplos ventanais. Na porta de entrada d@s cativ@s existe unha rampa de acceso para facilitar o acceso a o centro. No pequeno chamizo situado a uns cinco metros do edificio atópase un pequeno almacén. Hai tamén un antigo palco da música.