martes, 12 de mayo de 2020

Que de animais viven en Europa!


Ola neniños! Como onte falamos de Europa, hoxe imos seguir nela e imos repasar os animais que viven nos seus diferentes hábitats.



Como Europa é moi grande e ten diferentes climas; Hai países onde fai moi frío e as noites son moi longas como no norte e outros onde ocorre o contrario, fai calor e os días son máis longos. Tamén hai outras zonas de Europa onde non fai nin moito frío nin moita calor, como nos pasa aquí en Galicia que se vive moi ben. Os animais segundo a zona onde vivan son diferentes, aquí póñovos unhas fotos para que o vexades, lembralos e dicir os seus nomes e se algún non os sabedes, que vos axuden os papás.





En España temos moitos animais que viven connosco, pero hai dous que están en perigo de extinción e témolos que coidar moito, son o oso pardo e o lince. Aquí póñovos unhas ilustracións con todo o que temos que saber sobre eles:



E para seguir co tema de hoxe, vou poñer unhas fichas de animais que vos van a gustar moito:




Para terminar a clase de hoxe, imos ler un conto que trata de animais e así poñemos a traballar un pouco a memoria:


E como é martes, hoxe viría ao noso cole de Lubre o profe Ricardo, así que pasarvos polo seu blogue para ver que actividades divertidas propón:


Un bico e ata mañá!









lunes, 11 de mayo de 2020

Vivimos en Europa, que sorte temos!


Ola rapaces! Empezamos semana e volvemos ao choio. Como xa sabedes polo blogue da profe María, o sábado pasado, é dicir, antonte, celebrouse o "Día de Europa". Nós no cole xa coñecemos o que é Europa, un dos 6 continentes do planeta Terra: Europa, Asia, América, África, Oceanía e Antártida. 

Para lembrar os 5 continentes habitados polo home póñovos esta canción. Non fala da Antártida (Polo Sur) porque alí non viven persoas, aínda que si que viven animais, e senón acordarvos dos pingüíns que só os atopamos alí.


Durante este curso, e antes de que nos quedásemos na casa polo coronavirus, coñeceramos tamén algún dos animais máis importantes que viven nestes continentes, aínda que nos faltaron algúns do que viven en África e en Asia. En Europa coñeceramos os animais que viven no Polo Norte (acordarvos que alí viven Papá Noel, os seus axudantes os elfos e os seus renos), os animais que viven nas montañas, os bosques, os seus ríos e lagos...

Nós sabemos moito do continente europeo, que é onde está o noso país, España, e dentro de España a nosa comunidade, Galicia.


E explicaramos tamén que tiñamos moita sorte de pertencer a Europa, porque en Europa gozamos dun modo de vida que nos parece normal porque sempre a coñecemos así, pero que outras persoas e outros nenos non o teñen noutros lugares do mundo. Pensamos que é normal vivir en paz, tranquilos, ter uns papás con traballo e que nos proporcionan unha casa bonita, que nos preparen comida rica todos os días, cómprennos roupa e xoguetes, lévennos ao médico para as revisións e se nos poñemos malos trátennos para curarnos, ir ao cole, ... Pois todo isto moitos nenos do mundo non o teñen e nós si porque temos a sorte de vivir en Europa e isto foi o que celebramos o sábado.

Todos os países teñen unha bandeira e un himno que os identifican. Na Unión Europea tamén temos unha bandeira que é un círculo de estrelas amarelas nun fondo azul escuro e un himno que é a "9ª sinfonía de Beethoven", un músico alemán do sXVIII que xa coñecedes porque seguro que a profe María púxovos algunhas das súas famosas sinfonías e nós tamén falamos del na clase.

E agora imos escoitar os himnos da Unión Europea, de España e de Galicia coas súas respectivas bandeiras para que tamén as coñezades:




Como hoxe aprendemos moito de Europa, dos himnos e bandeiras, agora todos imos facer esta ficha que só tedes que colorear segundo o modelo de cada bandeira:


E rematamos por hoxe coa "Canción da alegría":


Lembrade que hoxe luns se estivésemos no cole, teríamos clase coa profe Eva, coa profe María e coa profe Cova, así que non vos esquezades de visitar hoxe o seu blogues. Pinchade en cada foto:




Un bico e ata maña!










viernes, 8 de mayo de 2020

Á "Familia Real" tamén lle gusta plantar


Ola nenos! Chegou outro venres, termínase a semana e continuamos na casa. Pero como agora temos máis tempo libre, podemos facer moitas cousas que antes nos era máis difícil porque os papás e os avós estaban máis ocupados; Podemos facer debuxos, "manualidades"... E estes últimos días ata nos animamos a plantar no horto ou o xardín. Todo isto estao facendo a "Familia Real" porque no "País das Letras" tamén teñen o mesmo problema do coronavirus e ao "Rey U" e á "Raíña A" ocorréuselles o mesmo que a nós, saír ao horto e ao xardín e propoñer ao "Príncipe E", á "Princesa I" e á "Princesa O" que axudasen ao "Xardineiro J" no seu traballo, e que fixeron?, pois ao "Xardineiro J", que é moi listo, ocorréuselle unha idea moi boa, buscar sementes de flores e plantas alimenticias e que cada membro da Familia Real plantase aquelas que tivesen o seu vestido no nome de cada unha delas.

Imos repasar os vestidos e os nomes da "Familia Real", por si os temos un pouco esquecidos. Isto para Borja, Jimena e Jaime é moi fácil, non digamos para Darío, pero temos que axudar un pouco ás máis pequenas.

Hoxe o que plantará cada membro da Familia Real son flores no xardín, outro día plantarán verduras e froitas no horto. E aquí tedes as fichas do que plantou cada un:






Podedes empezar coas que máis vos guste, non hai que facelas todas xuntas o mesmo día, pero ter en conta que temos unha fin de semana por diante, por se vos apetece traballar máis o sábado e e domingo.

Darío, estas son as túas, que non son difíciles, pero si moi bonitas.



E que vos parece esta adiviña tan "chuli"?


E para rematar a semana non podía faltar unha canción para que bailedes e movades o esqueleto durante a fin de semana.


Un bico boloboreta e ata o luns! Boa fin de semana!










jueves, 7 de mayo de 2020

Se plantamos ben, que de alimentos podemos recoller!


Ola campións! Que tal estades? Supoño que moi ben, e despois das actividades que vos propuxen estes días pasados sobre como podemos iniciarnos nas técnicas de plantación, seguro que estades a desexar axudar aos papás ou avós no xardín ou no horto.

Ata o de agora falaramos moito do xardín e as diferentes flores que podiamos plantar nel, pero as flores, aínda que son moi bonitas, a maioría non as podemos comer, excepto algunhas que si, como ocorre coa capuchina, a viola,...


Mirade que pinta tan estupenda ten esta ensalada de pensamentos:


Outras flores e plantas son medicinais como a camomila, o romeu, a menta, ...


Así que hoxe imos empezar a falar dos diferentes froitos que nos dan as árbores e as plantas e que comemos despois. Sabemos que é moi importante comer de forma sa e completa e as plantas son fundamentais porque os seus diferentes froitos achégannos moitas vitaminas e proteínas que nos axudan a desenvolvernos de forma sa e completa. Pero dunha planta podemos comer diferentes partes: a súas raíces, os seus talos, as súas follas, os seus froitos, ...


En Lubre temos moitos avós e papás que teñen horto e cultivan moitas plantas neles, por que se axudades no horto non mandades fotos ou vídeos ao blogue co que estades a cultivar? Seguro que tedes froitas e verduras moi chulis. Veña, animarvos e sorprendernos con todo o que os avós e papás teñen nos hortos e os xardíns.

Agora póñovos un conto no que comprobamos a importancia que teñen as froitas e as verduras na nosa vida:


E agora imos traballar un pouco con estas fichas de froitas e verduras.

Para Selene, Blanca, Elia e Lis:



Para Jimena, Jaime e Borja:



Para Darío:



Que vos parece se tentamos descubrir de que froita ou verdura falan estas adiviñas? Seguro que o adiviñades vós antes que calquera da casa porque sodes moi listos.


Hoxe imos terminar de forma moi marchosa con esta canción:


Un bico e ata mañá!









miércoles, 6 de mayo de 2020

Hoxe é un bo día para plantar



Ola neniños! Hoxe parece que teremos un bo día, pero estamos na primavera e o tempo pode cambiar de súpeto, non importa, isto é moi bo porque así os nosos xardíns, que é agora onde xogamos todos os días, estarán preciosos. E para que isto ocorra, nós temos que axudar nun labor moi importante que é plantar.


Xa iniciaramos a semana pasada o proceso de plantar na casa unha semente. Por certo, que tal van as vosas sementes? Seguro que xa xerminaron, hai que tratalas con moito coidado, porque despois témolas que levar ao xardín e plantalas alí na terra, veredes que emoción segundo vaian crecendo e comprobaredes como vós participastes neste pequeno "milagre".


A Darío e a Lis déuselles moi ben este experimento e mandáronme estas reportaxes para que o vexades os demais:




Desde logo en Lubre hai moito potencial, hai que seguir cultivándoo!

Seguindo cos cultivos, se o que plantamos é unha pipa das que comemos nós, a sorpresa será maior porque o que nacerá será unha planta de xirasol, que segundo vaia crecendo farase máis alta que nós e a súa flor, o xirasol, será grandísima, máis grande que a nosa cabeza, pero para que isto pase temos que coidar moito a semente da pipa desde o principio. Isto foi o que lle pasou ao neno do conto que vos poño a continuación:


E sabedes por que esta planta ten este nome, xirasol? Pois porque a esta super-flor gústalle moito o sol, e ao longo do día vaise virando sempre seguindo o movemento do sol no ceo. Veña, animarvos e plantar unha pipa e veredes como todo o que vos contei é verdade e poderédelo comprobar por vós mesmos. Mirar o seguinte vídeo para que vexades o movidos que son os xirasois ao longo do día:


E despois de aprender tantas cousas, agora tócanos traballar un pouco, que non se me esqueceron as fichas de hoxe. Veña que son moi fáciles e moi bonitas!

Para Elia, Selene, Blanca e Lis:



Para Jaime, Borja e Jimena:



Para Darío:



Pois isto é todo por hoxe, un bico bolboreta moi grande e ata mañá!









martes, 5 de mayo de 2020

Volvemos ao choio despois de catro días!


Ola peques! Desde o pasado xoves non tiveramos comunicación entre nós, o venres foi nosa festa, o Día do Traballo, e onte luns as profes e o profe dedicamos o día para informarnos sobre as novas formas de continuar comunicándonos convosco.

Que tal o pasastes estes días? E os agasallos para Mamá como vos quedaron? O que se anime que envíe fotos das obras de arte que lle regalastes a Mamá e así as vemos todos, de todos os xeitos non esquezades que o mellor agasallo para Mamá é querela moito, portarse ben e darlle un bico moi forte (a Mamá e a todos os que vivan na casa connosco si se pode).

Hoxe é un día especial, é o Día Mundial da Hixiene de Mans. Nós esta pauta coñecémola moi ben, sempre nos lavamos as mans despois de xogar, cando imos traballar, antes de comer,..., pero agora co pesado este do Coronavirus témolo que facer moito máis a miúdo, de todos os xeitos e para sempre temos que incorporar aos nosos hábitos lavárnolas con moita frecuencia ao longo do día e despois tamén é moi importante secalas ben. E por que é tan importante lavarnos moi a miúdo as mans? Pois porque os microbios e as bacterias que son seres vivos moi pequenos e non os podemos ver se non é cun microscopio, coa lupa tampouco os podemos ver, están en todas partes e son moi perigosos, pódennos causar moitas enfermidades, por iso aínda que pareza que temos as mans limpas, tampouco debemos meter os dedos na boca, no nariz, fregarnos moi forte os ollos, ..., todos estes xestos debemos evitalos. E cando volvamos saír á rúa, ir de compras, ir ao parque, sentarnos nunha cafetería, utilizar uns aseos públicos, ...., non debemos tocalo todo, temos que ter moito coidado e ao final sempre lavarnos as mans.


E agora aprende con este vídeo o importante que é manter limpas as mans:


Como hoxe temos que ir collendo o ritmo despois de catro días de relax, as fichas son moi sinxelas, e tratan do tema que conmemoramos hoxe.



E para despedirnos aquí tedes esta canción co tema do día e ademais repasades tamén os nomes dos dedos da man, que xa os vimos no cole.


Un bico e ata mañá!