viernes, 3 de abril de 2020

Empezamos vacacións un pouco especiais


Ola pitufiños (como isto siga así, vánseme a acabar os diminutivos).

Hoxe venres, se non fóra polo pesado do coronavirus, sería o último día de clase antes das vacacións. Estaríamos a pasar parte da mañá xogando no patio buscando os ovos de Pascua que nos escondera o coelliño, levariades os vosos cartafoles cos traballos a casa e estariades moito tempo destas de vacacións ensinándollos a todos os da familia. Pero este curso é especial e imos sacarlle partido. Que tal os traballiños de onte? Animástesvos facer as manualidades que vos propuxen? Verdade que eran fáciles e ademais quedan moi ben? Se alguén ten sen terminar algunha ficha ou traballo, non vos preocupedes que tedes todos estes días para facelas. Tamén, unha vez terminadas, podedes facer outro móbil novo con elas e colocalo onde máis vos guste da vosa casa. Cando todo isto acabe e convidedes os vosos amigos, van quedar flipados.

Durante esta semana falamos das tradicións de Semana Santa. Unha tradición moi bonita deste Domingo de Ramos é saír polas rúas das cidades e pobos cunha palma ou ramo de loureiro para conmemorar a chegada de Xesús a Xerusalén. Despois estes ramos colócanse nas xanelas ou balcóns ata o próximo ano. Aquí póñovos unhas fotos para que o vexades:





E outra tradición estupenda, e que lles vai a encantar aos larpeiros, son as "torrijas". As "torrijas" son un doce típico nestas datas, non só en Galicia, a nosa comunidade, senón en toda España. Son fáciles de facer e os seus ingredientes témolos sempre na casa, iso si, téñennos que axudar os nosos papás, avós ou tíos, o que mellor cociñe da casa que se poña ao choio. Aquí tedes unha receita moi sinxela, veña larpeiros a por ela!



E aínda que hoxe empezan as vacacións, non se me esqueceron as vosas fichas diarias. Aquí van as que vos tocan hoxe:

Para Blanca, Selene, Elia e Lis:

(o ovo do centro podédelo decorar co que queirades: estrelas, flores, nubes, soles, etc)



Para Jimena, Jaime e Borja:

(nesta ficha facer a simetría)

(e nesta ficha continuar as series)

Para Darío:


(esta ficha vai levar tempo, pero non resoples que quedará preciosa)

Para completar as fichas, estas son para todos con motivos tradicionais da Semana Santa:





(aquí póñovos un exemplo de como debuxar ao Papón, pero podedes elixir as cores que máis vos gusten)
E como estes días de vacacións non imos ter tarefas por facer e non quero que vos aburrades, mirar que manualidades máis bonitas busqueivos para que fagades as que máis vos gusten:






Lembrar que para reciclar podemos facer estas manualidades non só con cartolinas, senón con caixas de galletas, papel de xornal ou de agasallo, revistas,..., o que teñades na casa.

A mamá de Lis mandoume este vídeo para todos, ensínavos as súas obras de arte (neste cole están a descubrirse a verdadeiras artistas entre as nais) e mándavos moitos bicos:


E para terminar, un vídeo moi marchoso para que cantedes e bailedes estas vacacións:


Un bico e que o pasedes ben estas vacacións na casa!

jueves, 2 de abril de 2020

En abril, nubes e choivas mil!


Ola ruliños! Como vai a cousa? Espero que ben porque traballos super chulis temos para non aburrirnos.

Onte empezamos un mes no que adoita facer moitos días con nubes e choiva. Os maiores adoitan dicir que hai mal tempo. Pero nós no cole explicamos que isto non é así e que este tempo é necesario para a natureza e todos os seres vivos. As plantas necesitan a auga da choiva para nacer e desenvolverse e, despois, nós poder recoller os froitos que nos deron as súas flores. As persoas e os animais tamén necesitamos a auga para poder vivir. Ademais, a choiva tamén limpa o aire contaminado polos fumes dos coches e as chemineas e respírase mellor. Así que cando escoitemos dicir que vai mal tempo, dirémoslles que non e explicarémoslles o porqué.


Tampouco debemos de esquecer que hoxe é o día dedicado ao autismo.

Algunha vez falamos desta palabra e dos nenos e as persoas que viven esta situación e terminamos a explicación dicindo que son persoas como nós, pero que o seu cerebro e as súas células grises funcionan de diferente forma á nosa. Son persoas e nenos especiais e aquí póñovos un vídeo para que o entendades mellor:


E agora imos ao choio! Vou dicir por grupos o traballo para hoxe.

Para Elia, Selene, Lis y Blanca estas fichas:



Para Jaime, Jimena y Borja estas son as vosas:

A seguinte ficha ten as sete cores do arco da vella, así os repasamos para que non se nos esquezan.


Darío, estas son as túas fichas, o a primeira dentro de cada nube tes que escribir o nome do número que aparece encima, non te poñas nervioso que o sabes facer, e na segunda ficha só tes que completar en cada cadrado os números que faltan e, se te animas, escribe os nomes dos diferentes animais que aparecen:




E para terminar, que tal quedaron os ovos de onte? Co artistas que sodes quedarían preciosos! 

Pois hoxe propóñovos outra manualidade para facer con cartolina:


E como xa sodes mestres nesta arte, aí van estes coellos e pitiños para facer con rolos de papel hixiénico:


Vaia colección ides ter! Ata mañá!

miércoles, 1 de abril de 2020

Empeza o mes de abril


Empeza ABRIL nenos, o número 4 dos meses do ano. O ano empezou con XANEIRO e viñeron os Reis Magos, despois FEBREIRO co Entroido, chegou MARZO co ditoso coronavirus e tivemos que quedarnos na casa, e hoxe empeza ABRIL, a ver se nacen moitas flores e alegrámonos un pouco.
Hoxe ímolo a pasar moi ben facendo as fichas que vos propoño, ademais de ser moi fáciles, son moi bonitas.
Blanca, Elia, Selene e Lis, estas son as vosas fichas:


Jimena, Jaime y Borja, estas dúas fichas son para vós:
Darío, estas son as túas fichas:

E tamén, se estades moi traballadores e quédanvos ganas despois de facer as vosas, podedes facer a ficha do coelliño de abril da cabeceira. Ánimo ruliños, que así pasades un bo intre entretidos e seguides mellorando!

Todos estes días desta semana estivemos facendo e coloreando coellos e ovos de Pascua, pero sabemos cal é a orixe desta tradición? Agora imos ver un vídeo para coñecela, xa veredes como vos gusta:


Tamén póñovos unha canción do coelliño de Pascua para que cantedes e bailedes un pouco ou un moito, o que queirades:


E unha proposta para finalizar, acordádesvos do vídeo de onte no que os coellos facían e decoraban ovos de chocolate e ovos duros? Por que non vos animades, cocedes con Papá ou Mamá ovos de galiña e despois pintádelos e decorades como máis vos guste? Veña, ao choio, esta tarde xa a temos ocupada.





martes, 31 de marzo de 2020

Debuxando coelliños

Bos días nenos! Hoxe parece que quere saír o sol no xardín e na terraza, aínda que fai un pouco de frío pola mañá, esperemos que non se estrague pola tarde. Que tal os traballos de onte? Coloreastes moitos coelliños? Lembrar que cuantos máis fagades, máis divertido quedaravos o mural de primavera. Ademais, tamén, podedes seguir completándoo facendo máis flores coas figuras xeométricas ou flores que vós vos inventedes. A imaxinación é libre. Unha das fichas que faremos hoxe será como podemos debuxar un coelliño paso a paso. Póñovos dúas fichas de exemplo, elixir o coelliño que máis vos guste e o que se anime a facer as dúas, pois adiante traballadores! É fácil e veredes que contentos ides quedar co resultado final. Fixarvos ben o proceso e procurar facer exactamente o mesmo.
Tamén faremos unhas fichas moi fáciles con diferente grao de dificultade segundo as idades, pero repito, o traballador que se anime pode facelas todas.
Lis, Selene, Blanca y Elia esta é a vosa:
Borja, Jimena y Jaime estas dúas son para vós:
E Darío, aquí vai a túa:
Tamén vos poño un vídeo para que vexades como traballan os coelliños facendo os ovos de pascua. Espero que pasedes un bo intre véndoo!


E agora a sorpresa final! Mirar o que nos mandaron para subir ao blogue as mamás de Darío e Borja coas obras de arte que fixeron as semana pasada. Verdade que quedaron moi ben? 


Ademais Borja mándavos moitos bicos no vídeo:






lunes, 30 de marzo de 2020

Xa está aquí a pascua, a pesar do coronavirus



Ola nenos! Empezamos nova semana e seguimos en casa. Este coronavirus é moi pesado e estanos dando a lata dabondo. Lembrar as normas que temos que cumprir, é moi importante e, especialmente, non saír de casa.
Se estivésemos no cole, esta semana xa sabedes que a iamos a dedicar á pascua. Coloreábamos coelliños, decorabamos oviños e, se facía bo, un día no patio a profe escondía ovos de chocolate, vós pasabades un bo intre buscándoos e despois comiámolos entre todos.

Este ano non estamos no cole, é verdade, pero todas estas actividades podémolas facer en casa. Que vos parece se empezamos decorando coelliños de pascua e despois colocámolos no noso mural de primavera? Teremos que colorealos, recortalos e despois pegalos no mural. Como faremos os que máis nos gusten, podemos ir numerándoos segundo vaiámolos terminando e así repasamos os números que fixemos a semana pasada coas flores. 

Aquí preséntovos algunhas fichas, elixir as que máis vos gusten:
Darío e os demais que queiran podedes poñerlle nome e escribilo sobre cada coelliño e así o mural estará máis personalizado. Darío, ti xa tes experiencia coa familia gatuna.
E falando de flores, que tal quedou o móbil da semana pasada? A mamá de Darío mandoume unha foto coa súa obra de arte terminada, quedou precioso, vou pedirlle permiso aos seus papás para poder subila ao blogue para que vexades o ben que quedou e o guapo que está Darío.
                                   
Tamén moitos sabedes que a semana que vén en moitas cidades celébrase a Semana Santa. Saían unhas carrozas moi especiais cunhas figuras e moitas flores, acompañadas dos papones que son uns personaxes que van vestidos con túnicas longas pero o que máis destaca son os gorros en forma de cornete que lles cobre a cabeza e a cara. Estes desfiles forman parte das nosas tradicións nestas datas e témolas que coñecer. Moi preto de Lubre e Sada hai unha cidade, Ferrol, que ten unha Semana Santa moi bonita e aínda que este ano non poderán desfilar, podemos ver fotos doutros anos.
E para terminar, ides ver un conto que en realidade é unha fábula, como as que estamos a ler no Libro de Lafontaine, ao final ten unha ensinanza para que aprendamos que o importante non é terminar o primeiro, senón facelo ben.