jueves, 2 de abril de 2020

En abril, nubes e choivas mil!


Ola ruliños! Como vai a cousa? Espero que ben porque traballos super chulis temos para non aburrirnos.

Onte empezamos un mes no que adoita facer moitos días con nubes e choiva. Os maiores adoitan dicir que hai mal tempo. Pero nós no cole explicamos que isto non é así e que este tempo é necesario para a natureza e todos os seres vivos. As plantas necesitan a auga da choiva para nacer e desenvolverse e, despois, nós poder recoller os froitos que nos deron as súas flores. As persoas e os animais tamén necesitamos a auga para poder vivir. Ademais, a choiva tamén limpa o aire contaminado polos fumes dos coches e as chemineas e respírase mellor. Así que cando escoitemos dicir que vai mal tempo, dirémoslles que non e explicarémoslles o porqué.


Tampouco debemos de esquecer que hoxe é o día dedicado ao autismo.

Algunha vez falamos desta palabra e dos nenos e as persoas que viven esta situación e terminamos a explicación dicindo que son persoas como nós, pero que o seu cerebro e as súas células grises funcionan de diferente forma á nosa. Son persoas e nenos especiais e aquí póñovos un vídeo para que o entendades mellor:


E agora imos ao choio! Vou dicir por grupos o traballo para hoxe.

Para Elia, Selene, Lis y Blanca estas fichas:



Para Jaime, Jimena y Borja estas son as vosas:

A seguinte ficha ten as sete cores do arco da vella, así os repasamos para que non se nos esquezan.


Darío, estas son as túas fichas, o a primeira dentro de cada nube tes que escribir o nome do número que aparece encima, non te poñas nervioso que o sabes facer, e na segunda ficha só tes que completar en cada cadrado os números que faltan e, se te animas, escribe os nomes dos diferentes animais que aparecen:




E para terminar, que tal quedaron os ovos de onte? Co artistas que sodes quedarían preciosos! 

Pois hoxe propóñovos outra manualidade para facer con cartolina:


E como xa sodes mestres nesta arte, aí van estes coellos e pitiños para facer con rolos de papel hixiénico:


Vaia colección ides ter! Ata mañá!

miércoles, 1 de abril de 2020

Empeza o mes de abril


Empeza ABRIL nenos, o número 4 dos meses do ano. O ano empezou con XANEIRO e viñeron os Reis Magos, despois FEBREIRO co Entroido, chegou MARZO co ditoso coronavirus e tivemos que quedarnos na casa, e hoxe empeza ABRIL, a ver se nacen moitas flores e alegrámonos un pouco.
Hoxe ímolo a pasar moi ben facendo as fichas que vos propoño, ademais de ser moi fáciles, son moi bonitas.
Blanca, Elia, Selene e Lis, estas son as vosas fichas:


Jimena, Jaime y Borja, estas dúas fichas son para vós:
Darío, estas son as túas fichas:

E tamén, se estades moi traballadores e quédanvos ganas despois de facer as vosas, podedes facer a ficha do coelliño de abril da cabeceira. Ánimo ruliños, que así pasades un bo intre entretidos e seguides mellorando!

Todos estes días desta semana estivemos facendo e coloreando coellos e ovos de Pascua, pero sabemos cal é a orixe desta tradición? Agora imos ver un vídeo para coñecela, xa veredes como vos gusta:


Tamén póñovos unha canción do coelliño de Pascua para que cantedes e bailedes un pouco ou un moito, o que queirades:


E unha proposta para finalizar, acordádesvos do vídeo de onte no que os coellos facían e decoraban ovos de chocolate e ovos duros? Por que non vos animades, cocedes con Papá ou Mamá ovos de galiña e despois pintádelos e decorades como máis vos guste? Veña, ao choio, esta tarde xa a temos ocupada.





martes, 31 de marzo de 2020

Debuxando coelliños

Bos días nenos! Hoxe parece que quere saír o sol no xardín e na terraza, aínda que fai un pouco de frío pola mañá, esperemos que non se estrague pola tarde. Que tal os traballos de onte? Coloreastes moitos coelliños? Lembrar que cuantos máis fagades, máis divertido quedaravos o mural de primavera. Ademais, tamén, podedes seguir completándoo facendo máis flores coas figuras xeométricas ou flores que vós vos inventedes. A imaxinación é libre. Unha das fichas que faremos hoxe será como podemos debuxar un coelliño paso a paso. Póñovos dúas fichas de exemplo, elixir o coelliño que máis vos guste e o que se anime a facer as dúas, pois adiante traballadores! É fácil e veredes que contentos ides quedar co resultado final. Fixarvos ben o proceso e procurar facer exactamente o mesmo.
Tamén faremos unhas fichas moi fáciles con diferente grao de dificultade segundo as idades, pero repito, o traballador que se anime pode facelas todas.
Lis, Selene, Blanca y Elia esta é a vosa:
Borja, Jimena y Jaime estas dúas son para vós:
E Darío, aquí vai a túa:
Tamén vos poño un vídeo para que vexades como traballan os coelliños facendo os ovos de pascua. Espero que pasedes un bo intre véndoo!


E agora a sorpresa final! Mirar o que nos mandaron para subir ao blogue as mamás de Darío e Borja coas obras de arte que fixeron as semana pasada. Verdade que quedaron moi ben? 


Ademais Borja mándavos moitos bicos no vídeo:






lunes, 30 de marzo de 2020

Xa está aquí a pascua, a pesar do coronavirus



Ola nenos! Empezamos nova semana e seguimos en casa. Este coronavirus é moi pesado e estanos dando a lata dabondo. Lembrar as normas que temos que cumprir, é moi importante e, especialmente, non saír de casa.
Se estivésemos no cole, esta semana xa sabedes que a iamos a dedicar á pascua. Coloreábamos coelliños, decorabamos oviños e, se facía bo, un día no patio a profe escondía ovos de chocolate, vós pasabades un bo intre buscándoos e despois comiámolos entre todos.

Este ano non estamos no cole, é verdade, pero todas estas actividades podémolas facer en casa. Que vos parece se empezamos decorando coelliños de pascua e despois colocámolos no noso mural de primavera? Teremos que colorealos, recortalos e despois pegalos no mural. Como faremos os que máis nos gusten, podemos ir numerándoos segundo vaiámolos terminando e así repasamos os números que fixemos a semana pasada coas flores. 

Aquí preséntovos algunhas fichas, elixir as que máis vos gusten:
Darío e os demais que queiran podedes poñerlle nome e escribilo sobre cada coelliño e así o mural estará máis personalizado. Darío, ti xa tes experiencia coa familia gatuna.
E falando de flores, que tal quedou o móbil da semana pasada? A mamá de Darío mandoume unha foto coa súa obra de arte terminada, quedou precioso, vou pedirlle permiso aos seus papás para poder subila ao blogue para que vexades o ben que quedou e o guapo que está Darío.
                                   
Tamén moitos sabedes que a semana que vén en moitas cidades celébrase a Semana Santa. Saían unhas carrozas moi especiais cunhas figuras e moitas flores, acompañadas dos papones que son uns personaxes que van vestidos con túnicas longas pero o que máis destaca son os gorros en forma de cornete que lles cobre a cabeza e a cara. Estes desfiles forman parte das nosas tradicións nestas datas e témolas que coñecer. Moi preto de Lubre e Sada hai unha cidade, Ferrol, que ten unha Semana Santa moi bonita e aínda que este ano non poderán desfilar, podemos ver fotos doutros anos.
E para terminar, ides ver un conto que en realidade é unha fábula, como as que estamos a ler no Libro de Lafontaine, ao final ten unha ensinanza para que aprendamos que o importante non é terminar o primeiro, senón facelo ben.

viernes, 27 de marzo de 2020



Bos días rapaces! Xa chegou o venres e terminou esta semana un pouco rara e nós imos rematar o noso móbil de primavera. Hoxe faremos as nosas dúas últimas flores, poñerémoslles por detrás os seus nomes e os números 9 e 10. Xa temos dez círculos e coñecemos os nomes de dez flores diferentes.
Agora imos facer o móbil para adornar a nosa habitación. Téñennos que axudar os irmáns maiores, os tíos ou os papás. Sóbranos tempo, ao choio! Necesitamos fíos, se son de cores mellor, e unha barriña de madeira ou cartón duro que pintaremos e decoraremos como queiramos, despois anudaremos na metade desta barriña un fío que será o que utilicemos para colgar o noso móbil e, para terminar, iremos colocando na barriña os círculos a diferentes alturas. Aquí póñovos un exemplo de como vos pode quedar:

Xa temos o móbil, vedes que fácil e bonito quedou?

Pero non pensedes que terminamos o traballo por hoxe. Seleccioneivos diferentes fichas con flores que pintaremos ao longo da fin de semana para non aburrirnos en casa. Cada ficha ficha ten o debuxo da flor co seu nome, está en castelán, así que podemos pedir que nos axuden a buscar o seu nome en galego. Darío, ti ademais tes que escribilo na ficha ti só, sábelo facer perfectamente. Ao resto pódenllo poñer na ficha con camiños de puntiños e eles facelo.









Gústanvos as fichas? Elixir as que prefirades. Se algún quere facelas todas, fenomenal, así terá un álbum persoal de flores. E para animar o final da semana, póñovos un vídeo cunha canción das flores que espero que vos guste:

jueves, 26 de marzo de 2020

Continuamos coas formas xeométricas


Bos días nenos! As semana está a acabarse e nós tamén estamos a rematar as actividades. Hoxe ampliamos as formas xeométricas para compoñer as flores do noso xardín co trapecio, o pentágono e o hexágono. O trapecio está entre o cadrado e o rectángulo, pero cunha forma un pouco máis rara, parece que os lados laterais inclináronse ou tamén pode ser un triángulo ao que lle cortamos o ángulo superior. O pentágono é unha figura que ten cinco lados, como xa nos di o seu nome ( penta=5). E o hexágono xa o coñecemos pola mesa que temos en clase, á que imos cando queremos concentrarnos para non distraernos e que nos saian as fichas moi ben. Verdade Darío, que dá resultados sentar nela?

Agora imos ver un novo vídeo para que non se vos esqueza todo o que ata o de agora demos das distintas formas xeométricas:


Unha vez que coñecemos estas tres formas novas, podemos facer flores distintas para o noso xardín, e pensei que ademais de colorealas, podedes engadirlle boliñas de papel de diferentes cores que faremos con material que teñamos en casa, así reciclamos, xa veredes que preciosidade, vai terminar sendo unha verdadeira obra de arte e fixémola nós, fenomenal!

Aquí póñovos uns exemplos do fácil que é crear flores con figuras xeométricas:




Hoxe continuamos facendo o móbil de flores, serán dúas novas flores que levasen por detrás do círculo os números 7 e 8. Aos peques que lles axuden os papás. Tamén temos que aprender os nomes destas novas flores. Para reforzar todo o que aprendemos hoxe, temos dúas fichas. En la primera, una vez que realicemos su forma, pondremos dentro el número de lados que tiene cada una. A las que no tienen lado, les pondremos en número 0, que ya lo conocemos (0=nada).




Por certo, que vos pareceu a sorpresa de onte? Verdade que Lis está moi simpática e guapa? Se vos animades, podedes mandarme novos vídeos ou fotos co que estades a facer e, así, veranvos os vosos amiguiños. 

Un bico moi forte e deica mañá!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Seguimos inventando flores con formas xeométricas




Bos días chicos! Como estades? Facedes o que vos propoño cada día? Cansados non podedes estar porque nos levantamos máis tarde e despois tedes todo o día para facer cousas. Lembrar que tedes que axudar en casa e os que teñen mascotas, agora teñen que ocuparse delas. Darío, espero que " Carabollo" continúe así e non nos quede "Cara- baguette" cando acabemos co coronavirus.

Falando do coronavirus, lembrades todo o que temos que facer para gañarlle?: Lavarnos as mans, ao toser cubrirnos a boca coa parte interior do brazo á altura do cóbado, non saír de casa (Lis, cando veña Aarón xa veremos que facemos) e comer san para estar moi fortes; Ao ditoso coronavirus estamos a darlle unha boa malleira, pero aínda non lle derrotamos. Debemos de seguir cumprindo todas as normas para, ao final, gañarlle.
Imos continuar co noso móbil de primavera, debuxaremos outras dúas flores diferentes, as colorearemos, recortaremos, pegaremos en círculos de cartolina e por detrás poñeremos o seu nome e os números 5 e 6. Darío, ti podes facelo só e os demais que os axuden os papás.
Unha vez terminada esta actividade, seguiremos co noso xardín especial de primavera. Aínda que primeiro imos reforzar o que sabemos das formas xeométricas cun vídeo e unhas fichas. Hoxe ampliamos as formas co rombo e o óvalo- elipse. Seguiremos inventando flores con todas as formas xeométricas que xa coñecemos: o cadrado, o círculo, o triángulo, o rectángulo, o rombo e o óvalo- elipse.


Lis, Elia, Branca e Selene, hoxe tócavos facer esta ficha:
Borja, Jimena e Jaime, esta é a vosa ficha para hoxe:


Darío, ti podes facer esta ficha tamén pero, ademais, escribe debaixo do debuxo o nome de cada obxecto (casa, agasallos, xeado,...). Para ti é moi fácil, non tes problema.

E esta última ficha é especial para ti, Darío, non resoples, que está chupada e o cálculo dáseche moi ben:

Volvendo á actividade do noso xardín especial de primavera, recordade que se un folio quédasenos pequeno porque fixemos moitas flores diferentes, podemos preguntar a Mamá ou a Papá se teñen unha cartolina ou un cartón grande e así podemos ir ampliando cada día o noso xardín, e ao final teremos un bonito mural para a nosa habitación. Que vos parece?
Pois veña, ao choio que sodes uns artistas!

E para finalizar, unha sorpresa, a Mamá de Lis mandounos este vídeo no que Lis é un capitán pirata no seu barco (terraza). Mirar que bonito o ten coas flores: