Pero sen dúbida ningunha, o máis divertido do mes foi celebrar o entroido. Este ano o celebramos durante unha semana enteira, cada día levabamos un accesorio diferente (lentes, gravatas, gorros) e o último día xa lucimos os nosos fantásticos disfraces na festa de entroido que fixemos na escola.
domingo, 31 de agosto de 2014
Curso 2013-14. Xaneiro
En xaneiro voltamos ás clases e ás nosas actividades, unha que nos gusta moito é pintar coa pintura de dedos porque é moi divertido.
A finais de mes celebramos o Día da Paz, este ano dedicado aos dereiros da infancia, e para a visita ao centro fixemos un mural coa nosa escola de protagonista que quedounos moi chulo.
Curso 2013-14. Decembro
Nas clases de Isabel lemos contos, o polbo Cristovo visítanos e cóntanos historias das súas aventuras nos diferentes países polo mundo. Nestas semanas de decembro falounos de Xapón, ensinounos unha boneca moi bonita, contounos contos cun kamishibai, un pequeno teatriño de papel para contar historias en lendas dese país e tamén fixemos actividades de origami, como as bonecas kokeshi e os peixes koi.
https://www.youtube.com/watch?v=OVdwBoSMyBY
Este mes fomos de visita á casa de Diego, que invitounos a merendar e todos xuntos pasamos un bo rato.
Este mes fomos de visita á casa de Diego, que invitounos a merendar e todos xuntos pasamos un bo rato.
En decembro chega o frío e o inverno, por iso cando fai un día soleado aproveitamos para saír ao patio e xogamos un montón.
Co frío chega o nadal, e con él chega a visita do Pandigueiro. Ese día o pasamos moi ben cos seus agasallos e escoitando as súas historias.
Os últimos días antes de que nos desen as vacacións de foron os máis divertidos do trimestre pola chegada do nadal, a decoración da árbore e a visita dos Reis Magos.
lunes, 12 de mayo de 2014
Curso 2013-14. Novembro
Este mes tivemos a visita de Monkey e Cheeky Monkey e que viñeron a visitarnos e contarnos todas as súas últimas aventuras.
Rematando o mes, o 25 de novembro, celebramos o cumpre de Martina e ese día pasámolo moi ben.
miércoles, 7 de mayo de 2014
Curso 2013-14. Outubro
A principios de outubro tivemos varias visitas na escola. A primeira visita foi a do avó de Martina, que nos contou moitas cousas das súas viaxes por Italia co seu camión, así coñecemos moitos sitios e costumes dese marabilloso país.
Eses días tamén tivemos a visita de Alba. Cando era pequena como nós, foi á nosa escola e, como agora xa é maior, veu a pasar un día connosco e foi a nosa profe por un día.
Eses días tamén tivemos tempo para as primeiras festas de aniversario, o 7 de outubro celebramos o cumpre de Diego.
E unha semana despois, o 14 de outubro, celebramos o cumpre de Alicia.
Co paso das semanas e a chegada do outono, empezaron os preparativos para o magosto. Tamén aprendemos que o outono ten un montón de froita propia desa tempada, coñecendo os seus nomes, as súas texturas, olores e sabores.
Ao finalizar outubro a escola encheuse de arañas, fantasmas, esqueletos e morcegos... Todo para celebrar a chegada de Halloween ou, como dicimos aquí en Galicia, o Samaín.
Para celebrar o Samaín fomos de visita ao cole dos maiores, ao Cruz do Sar, onde vimos unha obra de teatro, a exposición de cabazas e comemos castañas asadas do magosto.
lunes, 5 de mayo de 2014
Curso 2013-14. Setembro
Xa estamos na recta final do curso. Aínda nos queda moito por facer en maio e xuño. Pero antes imos ver todo o que fixemos durante o primeiro e segundo trimestre.
Empecemos polo principio, o día 11 de setembro, foi o primeiro día de clase, un día de reencontros e de coñecer os novos compañeiros.
https://www.youtube.com/watch?v=00PX-Gj08A4
A volta ao cole foi moi divertida, xogando moito no recreo, empezando a traballar e aprendendo un montón facendo fichas e demais actividades.
https://www.youtube.com/watch?v=ojjZpYrWP68
Rematando o mes de setembro, Adrián tróuxonos cabaciñas e outros froitos da súa horta para ensinarnos os vexetais que podemos comer nesta época do ano.
https://www.youtube.com/watch?v=rOpjtZ3MDpI
Empecemos polo principio, o día 11 de setembro, foi o primeiro día de clase, un día de reencontros e de coñecer os novos compañeiros.
A volta ao cole foi moi divertida, xogando moito no recreo, empezando a traballar e aprendendo un montón facendo fichas e demais actividades.
Rematando o mes de setembro, Adrián tróuxonos cabaciñas e outros froitos da súa horta para ensinarnos os vexetais que podemos comer nesta época do ano.
miércoles, 4 de septiembre de 2013
Inicio do Curso 2013-2014
O próximo mércores, día 11 de setembro, comezan as clases en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Nota: O venres de 13 setembro teremos a reunión de pais a partir das 14:00 horas.
Os libros para este curso escolar son os seguintes:
|
Curso
e
etapa
|
Área
Materia
Ámbito
Módulo
|
Título, autor, editorial e ano de publicación
|
ISBN
|
Lingua
da
Edición
|
|
4º E.I.
|
Globalizado
|
Papeliños 3 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
|
9788499141152
|
Galego
|
|
5º E.I.
|
Globalizado
|
Papeliños
4 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
|
9788499141237
|
Galego
|
|
6º E.I.
|
Globalizado
|
Papeliños 5 anos
3 Trimestres
Campuzano Valiente
Xerais 2010
|
9788499141282
|
Galego
|
|
5º e 6º E.I.
|
Inglés
|
CHEEKY MONKEY 1
Pupil´s book
Editorial Macmillan
|
9780230011427
|
Inglés
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






