Nas clases de Isabel lemos contos, o polbo Cristovo visítanos e cóntanos historias das súas aventuras nos diferentes países polo mundo. Nestas semanas de decembro falounos de Xapón, ensinounos unha boneca moi bonita, contounos contos cun kamishibai, un pequeno teatriño de papel para contar historias en lendas dese país e tamén fixemos actividades de origami, como as bonecas kokeshi e os peixes koi.
Os últimos días antes de que nos desen as vacacións de foron os máis divertidos do trimestre pola chegada do nadal, a decoración da árbore e a visita dos Reis Magos.
Chegou novembro e seguimos tendo un montón de actividades na escola. Unha actividade que nos gusta moito é pintar con acuarelas, no seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos pintando.
A principios de outubro tivemos varias visitas na escola. A primeira visita foi a do avó de Martina, que nos contou moitas cousas das súas viaxes por Italia co seu camión, así coñecemos moitos sitios e costumes dese marabilloso país.
https://www.youtube.com/watch?v=rQtg5uHHlRo Eses días tamén tivemos a visita de Alba. Cando era pequena como nós, foi á nosa escola e, como agora xa é maior, veu a pasar un día connosco e foi a nosa profe por un día.
Co paso das semanas e a chegada do outono, empezaron os preparativos para o magosto. Tamén aprendemos que o outono ten un montón de froita propia desa tempada, coñecendo os seus nomes, as súas texturas, olores e sabores.
Ao finalizar outubro a escola encheuse de arañas, fantasmas, esqueletos e morcegos... Todo para celebrar a chegada de Halloween ou, como dicimos aquí en Galicia, o Samaín.
Para celebrar o Samaín fomos de visita ao cole dos maiores, ao Cruz do Sar, onde vimos unha obra de teatro, a exposición de cabazas e comemos castañas asadas do magosto.
Xa estamos na recta final do curso. Aínda nos queda moito por facer en maio e xuño. Pero antes imos ver todo o que fixemos durante o primeiro e segundo trimestre. Empecemos polo principio, o día 11 de setembro, foi o primeiro día de clase, un día de reencontros e de coñecer os novos compañeiros.
https://www.youtube.com/watch?v=00PX-Gj08A4 A volta ao cole foi moi divertida, xogando moito no recreo, empezando a traballar e aprendendo un montón facendo fichas e demais actividades.
https://www.youtube.com/watch?v=ojjZpYrWP68 Rematando o mes de setembro, Adrián tróuxonos cabaciñas e outros froitos da súa horta para ensinarnos os vexetais que podemos comer nesta época do ano.
Algunha das actividades máis divertidas do último trimestre deste curso foi a visita do equipo de Protección Civil de Bergondo á nosa escola, na que o pasamos moi ben, aprendemos moito, ensináronnos os seus equipos e uniformes e ata fomos bombeiros por un día!!
Outra actividade moi bonita e divertida foi montar e adornar o noso propio maio con flores de papel feitas coas nosas mans... foi a mellor forma de celebrar a primavera!!
Dende mediados de marzo na escola tivemos un montón de festas de cumpreanos, co que a recta final do curso se nos fixo do máis amena e divertida. O 15 de marzo celebramos o cumpre de Navia http://youtu.be/40m0I4SzUlc
Á volta das vacacións de Semana Santa, o 2 de abril, celebramos o cumpre de David; Iso si que foi unha boa e divertida volta á escola!! ;) http://youtu.be/JEW33wwv_QE
Á semana seguinte, o 8 de abril, celebramos o cumpreanos de Celia e Claudia