A principios de outubro tivemos varias visitas na escola. A primeira visita foi a do avó de Martina, que nos contou moitas cousas das súas viaxes por Italia co seu camión, así coñecemos moitos sitios e costumes dese marabilloso país.
Eses días tamén tivemos a visita de Alba. Cando era pequena como nós, foi á nosa escola e, como agora xa é maior, veu a pasar un día connosco e foi a nosa profe por un día.
Eses días tamén tivemos tempo para as primeiras festas de aniversario, o 7 de outubro celebramos o cumpre de Diego.
E unha semana despois, o 14 de outubro, celebramos o cumpre de Alicia.
Co paso das semanas e a chegada do outono, empezaron os preparativos para o magosto. Tamén aprendemos que o outono ten un montón de froita propia desa tempada, coñecendo os seus nomes, as súas texturas, olores e sabores.
Ao finalizar outubro a escola encheuse de arañas, fantasmas, esqueletos e morcegos... Todo para celebrar a chegada de Halloween ou, como dicimos aquí en Galicia, o Samaín.
Para celebrar o Samaín fomos de visita ao cole dos maiores, ao Cruz do Sar, onde vimos unha obra de teatro, a exposición de cabazas e comemos castañas asadas do magosto.




