martes, 1 de marzo de 2016

Decembro 2015. Curso 2015-2016


En decembro chegou o Nadal a Lubre, e co Nadal tivemos moitas visitas na nosa escola.

A primeira semana do mes visitáronnos os nenos da escola de Silvoso.






Uns días despois visitounos o Pandigueiro. Este ano trouxo moitas cousas para ensinarnos: o instrumento para cociñar as castañas nas cacharelas, os xoguetes cos que xogaban os nenos hai moitos moitos moitos anos,  fotos cos animais que viven nos bosques, froitas, etc. 
Aprendemos mo e pasámolo en grande cos xoguetes antiguos. 
Moitas grazas por un día tan estupendo Pandigueiro!!



Tamén traballamos moito na clase e fixemos moitas actividades de Nadal, como as tarxetas para a árbore de Nadal que fixemos coa profe Eva.



Con tanto traballar, temos que repoñer forzas e as tortillas que tróuxonos una nai estaban boísimas!!



E despedimos o primeiro trimestre coa visita das súas Maxestades Os Reis Magos

https://www.youtube.com/watch?v=IRvRBGo5YoE

E coa festa polo cumpre de Amine.



Novembro 2015. Curso 2015-2016



En novembro aprendemos moitas cousas sobre o outono e fiexemos unha chea de actividades moi chulas con esta temática.



Gústanos moito traballar facendo actividades sobre moitos temas diferentes, pero outra cousa que nos encanta son os contos e coa profe Eva pasámolo moi ben!




Outubro 2015. Curso 2015-2016



O 1 de outubro comezamos as clases cos mestres especialistas.







En outubro empezamos a traballar moito, pero tamén tivemos tempo para pasalo moi ben e celebrar festas.

A primeira festa que celebramos foi polo cumpre de Alicia.



A finais de outubro a clase enchéusenos de morcegos, pantasmas e cabazas para celebrar o Samaín.



E o último día de clase de outubro fixemos unha saída e pasamos o día de excursión celebrando o Magosto.

Setembro 2015. Curso 2015-2016



O 10 de setembro empezamos as clases, xa tiñamos moitas ganas de volver a escola e ver aos nosos amigos e profesores. 

Este ano tivemos un dos mellores comezos de curso, xa que o estreamos cunha festa para celebrar o cumpre de Sabela.